HomePolíticaEsperta Monforte leva a pleno revisar a rebaixa do IBI

Esperta Monforte leva a pleno revisar a rebaixa do IBI

Esperta Monforte presenta unha moción no pleno desde luns para revisar a baixada do coeficiente do IBI. Aseguran que o concello de Monforte ten un dos coeficientes máis altos da provincia, sendo de 0,605% para os bens inmobles urbanos e do 0,380% para os bens inmobles rústicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa rebaixa do IBI, Esperta lembra ao equipo de goberno as actuacións “que teñen prometido e non executado, como abastecemento de auga e o saneamento” e as obras propostas que este partido considera innecesarias, “como o macro praia a todas luces innecesaria, a ponte que estragaría o malecón e Santa Clara, a zona D ou o proxecto da mega fonte”.

Esperta Monforte pediralle ao pleno “deixar para os profesionais o temas da poda das árbores ornamentais da cidade” e que se arranxen os desperfectos da ponte do parque de Cobas.

En canto ás preguntas interésanse polo remate das obras do ceminterio municipal e por se o concello recibiu queixas no rexistro durante as obras que se levaron a cabo nel.

ÚLTIMAS

A AAVV do Saviñao denuncia un vertedoiro ilegal na Lama de Escairón

Aseguran que fai máis dun ano que a área pública, localizada na Lama de...

Monforte renova as luminarias dos semáforos e instala dispositivos sonoros nos pasos de peóns

A Xunta de Goberno Local do pasado 29 de decembro aprobou a adxudicación de...

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...