HomePolíticaEn Marea solicita un Plan Sociosanitario para Folgoso do Courel

En Marea solicita un Plan Sociosanitario para Folgoso do Courel

A iniciativa que levan ao Parlamento propón impulsar un plan integral de mellora dos servizos sociosanitarios, habilitar crédito neste ano para comezar a desenvolver o plan e impulsar unha “Lei para o desenvolvemento da Montaña Galega”.

Publicado o

- Advertisement -

Folgoso do Courel é un municipio duns 194 km2 que conta cunha poboación total de 1.018 persoas (2018), das que o 44,1% ten máis de 65 anos. O territorio supón unha serie de dificultades á hora de acceso aos servizos, como as distancias polo tipo de estradas.

O concello conta con dous centros de saúde de Atención Primaria, en Seoane e en Folgoso, pero desde En Marea aseguran que en épocas de vacacións do persoal titular, só queda un médico e unha praza de enfermería para os dous centros de saúde do municipio.

Segundo apuntan desde En Marea, en Folgoso do Courel non hai gardas nocturnas, sendo o centro sanitario de referencia o PAC de Quiroga, a 15 km de distancia de Folgoso e a 25 km de Seoane, tardándose, no caso dalgúns lugares do municipio, máis dunha hora en chegar ao PAC.

No Concello non hai servizo de pediatría ningún día á semana, tendo que desprazarse tamén, nestes casos, ao Centro de Saúde de Quiroga, onde só hai servizo de pediatría dous días á semana, de mañá.

En Marea califica a situación da veciñanza de Folgoso do Courel, de illamento sociosanitario, ao sumar á falta de cobertura de baixas do persoal sanitario o escaso mantemento das estradas. Folgoso do Courel non ten tampouco, ningún tipo de servizo de residencia de maiores nin de centro de día, estando pendiente a dotación dunha residencia froito dun convenio entre o concello e a Deputación.

Para En Marea, as áreas de montaña precisan, polas súas características, de políticas de “discriminación positiva” para garantir os servizos públicos, potenciando así que a cidadanía destes territorios poida vivir e traballar con dignidade.

Nesta situación, En Marea demanda o plan integral de mellora dos servizos sociosanitarios do Courel que garanta o mantemento de servizos de Atención Primaria dignos nos dous centros, a mellora da cobertura pediátrica da comarca de Quiroga-Courel a medio prazo e a cobertura da praza de Traballador/a Social no Centro de Saúde de Quiroga. Requírese a colaboración da Xunta coa Deputación e co Concello para a dotación de prazas residenciais e de centro de día, que se aumenten os servizos de conciliación para menores de 3 anos e que se aumenten as frecuencias e liñas de transporte público colectivo, para asegurar o acceso da poboación do Courel aos servizos sociosanitarios do propio concello e do Centro de Saúde de Quiroga e do Hospital de Monforte.

ÚLTIMAS

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...