O senador do PP lucense, José Manuel Balseiro, defendeu esta semana na Comisión de Transformación Dixital unha moción do Grupo Popular para reclamar que o Goberno de España garantir o despregamento de infraestruturas de telecomunicacións onde sexan necesarias, avanzar na extensión da fibra óptica e das redes 5G e asegurar o acceso a telefonía móbil e conectividade na totalidade da provincia de Lugo.
Balseiro subliñou que Lugo se atopa hoxe entre as peores provincias do país en cobertura 5G e lembrou que hai concellos cun 0% de cobertura, “como Muras, Negueira de Muñiz ou Folgoso do Courel”.
O senador enumerou exemplos de municipios afectados por deficiencias de conectividade en toda a provincia, no sur da Lugo, “Ribas de Sil, Quiroga, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón ou Chantada”. Balseiro lamentou que, a pesar da xestión de importantes fondos europeos destinados a conectividade, “moitas zonas seguen sumidas nun auténtico apagamento dixital, pola renuncia de adxudicatarios ou a falta de interese da Administración estatal”. Por iso, esixiu ao Executivo central que “non apague Lugo” e que cumpra coa súa obrigación de garantir a cohesión social e territorial.

