HomePolíticaO PP esixe a dimisión de José Tomé como alcalde de Monforte...

O PP esixe a dimisión de José Tomé como alcalde de Monforte tras o “escándalo” que o rodea

Os populares consideran "moi grave" que siga á fronte do Concello tras deixar o PSOE e reclámanlle que entregue a acta polo ben da institución e da imaxe da cidade.

Publicado o

- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Monforte de Lemos esixiron ao alcalde, José Tomé, a súa dimisión como rexedor, onde se mantén sen as siglas do PSOE tras anunciar a súa dimisión como presidente da Deputación de Lugo –onde está en funcións despois de rexistrar a súa renuncia–. En rolda de prensa, os populares cualifican de “moi grave” que, “a día de hoxe, José Tomé segue sen explicar publicamente en que situación se atopa o Concello de Monforte”.

A portavoz popular, Katy Varela, acompañada dos concelleiros do Grupo Municipal, lembrou que pide a dimisión de José Tomé como alcalde despois do “grave escándalo de suposto acoso sexual pola súa banda contra seis mulleres”, a pesar do que “continúa exercendo como alcalde, pero debería dar un paso atrás como rexedor municipal e entregar a acta”. “Esta persoa non pode seguir nin un minuto máis á fronte da alcaldía, polo ben da imaxe da cidade, da institución e da súa propia credibilidade”, sostén.

Ademais, Varela fai fincapé “na confusión” que hai no goberno local, xa que “despois de que Tomé anunciase que tanto el como os seus concelleiros deixaban o grupo socialista, hoxe recoñeceu, ao ser preguntado pola situación na que quedaba o Concello, que os concelleiros que o acompañaban formaban parte do Grupo Socialista”. “Non sabemos se se incluía el mesmo ou non como membro do Grupo Socialista, pero parece unha auténtica tomadura de pelo que non aclare a situación real na que se atopa o goberno local e o propio Concello de Monforte”, critica. Respecto diso, acusa ao BNG de pórse de “perfil” ante este caso e que “opte por branquear ao máximo a súa figura”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...