Esperta Monforte presenta ao pleno deste último luns de mes, unha moción na que insta a José Tomé Roca a presentar de maneira inmediata a súa dimisión como alcalde de Monforte e que entregue a súa acta de concelleiro. Insta á concelleira de igualdade a presentar a súa dimisión e pide tamén a moción que se realice unha audotoría interna e xurídica sobre o protocolo de prevención municipal do acoso por razón de sexo.
“A día de hoxe o goberno local non ofreceu explicacións detalladas sobre os feitos denunciados, nin as actuacións internas levaas a cabo polo partido. Esta falta de rendición de contas supón unha falta de respecto institucional e cidadá. Consideramos imprescindible que o alcalde dea un paso atrás mentres non se esclarezan os feitos, garantindo o funcionamento das institucións e preservando a dignidade do concello de Monforte de Lemos”, aseguran desde Interior Galego Vivo.
A formación política conclúe asegurando que “a cidadandía de Monforte de Lemos merece respostas”.

