HomePolíticaO PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

A portavoz, Katy Varela, lembra que “o noso grupo xa pediu formalmente fai meses ante o Pleno do Concello que o alcalde instase a Adif adoptar medidas para garantir a seguridade neste punto que ten rexistrado moitos atropelos” e avanza que “volveremos a levalo ao Pleno neste mes”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria e, dende o verán, “contabilízanse dous atropelos”. Por iso dende o PP monfortino solicitan a instalación dunha baliza de forma que “non só haxa un peche para vehículos, senón un peche físico para os peóns” e tamén sinais sonoras porque “na actualidade non hai ningún tipo de son de advertencia”.

Varela apunta que “se deben reforzar as medidas para garantir a seguridade dos peóns”; especialmente tendo en conta que “neste barrio vive moita xente maior, nalgúns casos con problemas de visión que lles impide ver se algún tren se aproxima”.

Os populares reclaman “máis atención para a seguridade das persoas en puntos perigosos coma este. É o xusto e tamén o propio para o século XXI” e así o reivindicaremos no vindeiro Pleno municipal”, conclúe.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...