HomePolíticaIGV denuncia que "o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas"

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

Segundo Interior Galego Vivo, coa escusa das mobilizacións agrarias e da campaña eleitoral europea, "asistimos a unha intensificación do discurso en defensa do campo por parte dos grandes partidos estatais. Porén, máis unha vez, cando se baixa do atril e se sobe ao hemiciclo do Parlamento Europeo, a realidade é outra ben distinta".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro “para enganar aos votantes: mensaxe dura a nível estatal ou autonómico para apropriarse do malestar do sector primario; logo, en Europa, voto responsábel, é dicir, favorábel ao sistema de libre comercio, mesmo cando este prexudica directamente á produción agraria galega”.

Durante as mobilizacións agrarias en Europa, e no contexto da campaña das eleccións europeas, apresentouse no Parlamento Europeu unha proposta clara e non simbólica: suspender ou frear os tratados de libre comercio (incluíndo Mercosur) en canto non se garanta: a reciprocidade ambiental, o cumprimento das normas sanitarias, e a protección efectiva do sector primario europeo.

Esta votación pretendía parar de facto a dinámica dos acordos comerciais que afogan ao agro. O resultado foi esclarecedor:

  • PP (PPE), PSOE (S&D) e Vox votaron en contra da suspensión, permitindo que o libre comercio continuase.
  • The Left (A Esquerda) e Verdes/ALE apoiaron a proposta e manteñen un voto sistematicamente contrario aos tratados de libre comercio.

“A conclusión é incómoda pero necesaria: PP, PSOE e Vox venden o campo galego cada vez que votan en Europa, por moito que logo tenten vender outro relato á cidadanía. O voto e non os contos definen a política. E en Bruxelas, os partidos estatais aliñanse co libre comercio, non co agro galego”, insiste IGV, que conclúe, “Defender o campo é votar en contra dos tratados que o destrúen. Por iso precisamos forzas políticas por e para o campo”.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...