HomePolíticaO BNG de Monforte leva ao pleno deste luns o abastecemento de...

O BNG de Monforte leva ao pleno deste luns o abastecemento de auga, a protección do patrimonio e deficiencias na Piscina Municipal

Os nacionalistas levan ao pleno deste 26 de xaneiro dúas mocións, varios rogos e preguntas relacionadas cos servizos públicos e a calidade de vida en distintos barrios da cidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG presenta unha moción para a creación dunha comisión municipal para o estudo e valoración da fin do contrato da concesión do servizo de abastecemento de auga, que remata en xuño de 2026 tras 25 anos de vixencia. Dende o Bloque consideran necesario avaliar o grao de cumprimento do contrato por parte da empresa concesionaria, identificar os puntos pendentes e estudar tanto a elaboración dun novo concurso como a posibilidade da remunicipalización do servizo.

Os nacionalistas tamén defenderán no pleno unha moción de rexeitamento á modificación da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia promovida pola Xunta, ao entender que supón unha nova cesión de competencias impropias aos concellos sen os medios humanos nin económicos necesarios. Para o Bloque, esta reforma baleira de contido a lei, incrementa a carga para as administracións locais e pon en risco a protección efectiva do patrimonio cultural galego.

No apartado de rogos e preguntas, o BNG trasladará ao goberno municipal as deficiencias detectadas na piscina municipal tras a súa recente inauguración. O concelleiro do BNG Emilio J. Sánchez solicitou formalmente unha visita ás instalacións, que realizou acompañado do técnico de deportes do Concello, na que se puideron comprobar diferentes problemas e carencias que, a xuízo do Bloque, deben ser corrixidas con urxencia para garantir un servizo seguro, accesible e de calidade para a veciñanza.

Ademais, o BNG levará ao pleno a problemática do avistamento de ratas de gran tamaño na zona da Pinguela e no final de Carude, tras os avisos realizados pola veciñanza. O Bloque preguntará ao goberno municipal se existe un plan de desratización activo, que actuacións se teñen levado a cabo nesta área concreta e que medidas se van adoptar para evitar riscos sanitarios e dar resposta ás queixas dos residentes.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...