HomePolíticaO novo equipo de HADO do Hospital de Monforte incrementou en 15.000...

O novo equipo de HADO do Hospital de Monforte incrementou en 15.000 os pacientes atendidos

As deputadas do Grupo Popular Katy Varela, Encarna Amigo e Raquel Arias destacaron en Monforte a posta en marcha dun segundo equipo para o servizo de hospitalización a domicilio (HADO) do Hospital de Monforte que permite incrementar en máis de 15.000 o número de pacientes atendidos, ao sumar á súa cobertura actual os concellos de Chantada, Carballedo, Quiroga e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este segundo equipo de HADO no distrito sanitario de Monforte conta cunha dotación completa formada por un médico, tres enfermeiras e un vehículo propio, o que permite unha atención continuada, coordinada e de proximidade. Con este novo equipo amplíase a cobertura do servizo de hospitalización a domicilio a máis de 43.000 persoas. Aos concellos de Monforte, Bóveda, A Pobra de Brollón, Pantón, Sober e O Saviñao que xa gozaban desta atención sanitaria, súmanse os municipios de Chantada, Carballedo, Quiroga e Ribas de Sil.

Katy Varela manifestou que a Xunta “continúa avanzando na mellora da atención sanitaria na comarca de Monforte coa dotación deste segundo equipo para o servizo de hospitalización a domicilio, un modelo asistencial que permite ofrecer coidados de rango hospitalario no propio domicilio do paciente, con todas as garantías de calidade, seguridade e humanización”.

A hospitalización a domicilio está dirixida a pacientes con patoloxía médica aguda, crónica agudizada ou avanzada, pacientes paliativos, así como a persoas que, tras unha intervención cirúrxica, poden continuar a súa atención na casa evitando estancias hospitalarias innecesarias. “Este servizo, nunha provincia como a de Lugo cunha poboación cada vez máis envellecida e con alta prevalencia de enfermidades crónicas, é clave para ofrecer coidados de calidade, evitar ingresos innecesarios, mellorar a calidade de vida dos pacientes e reforzar unha atención sanitaria máis humana e cercana”, apuntou Encarna Amigo.

As deputadas populares afirmaron que este modelo asistencial se apoia no desenvolvemento tecnolóxico do sistema sanitario galego. En concreto, lembraron que os profesionais de HADO dispoñen de acceso á historia clínica electrónica desde o domicilio do paciente, o que facilita a continuidade asistencial e permite xestionar en tempo real ingresos, probas diagnósticas e prescricións farmacolóxicas, mellorando a seguridade do paciente e a coordinación entre niveis asistenciais.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...