Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de baño na cidade. “Con esta iniciativa queremos lembrarlle ao alcalde a importancia de pensar nas necesidades reais dos veciños e, sobre todo, de ir cumprindo as súas promesas electorais”, asegura Katy Varela.
A voceira popular considera que non é necesario acometer un “mega proxecto urbanístico”, senón que “sería moito máis necesario investir eses cartos no saneamento e logo poder realizar o acondicionamento dunha zona do río para o baño. Mentres non exista un saneamento completo, non poderemos desfrutar do río con garantías”.
Katy Varela recordou que Monforte sufriu un verán especialmente caloroso, con numerosos días nos que se superaron os 35 graos. “Os monfortinos que queren refrescarse vense obrigados a desprazarse a outros concellos ou a pagar instalacións privadas, como as do club fluvial”, apuntou.

