HomePolíticaO BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo...

O BNG de Pantón reclama ao Congreso solucións á situación de Santo Estevo do Sil

Aseguran que se trata dunha aldea sen acceso rodado e con perigosidade. "As intensas chuvias das últimas semanas, a falta de mantemento e de cultivos no territorio e o incendio de setembro parecen estar detrás dos desprendementos e caídas de terra nesta zona", afirma Rosana Prieto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG consideran necesario solucionar os accesos a Santo Estevo do Sil e na estrada LU-4103 que une o Castro de Ferreira en Pantón con Nogueira de Ramuín polo río Sil. As deficiencias no sistema de drenaxe provocan inundacións na calzada, e escorrentías cara as vivendas e as parcelas colindantes, nomeadamente na parte alta do núcleo de Santo Estevo do Sil.

Na actualidade está caído o muro de contención que sostén o camiño de acceso á parte alta do núcleo da estación e que causou a caída de árbores, cascallos e terra. “Estamos a falar da parte baixa da ladeira que ardeu en setembro de 2025,
que xa ardera hai dous anos, o que favorece o arrastre por falta de raíces no monte” din desde o BNG de Pantón.

Reclaman a colaboración das diferentes administracións, “comezamos pola Deputación que debe asegurar unha ladeira, e na que os traballos van demorar por requirir de proxecto, licitación e adxudicación da obra”, ante o que os nacionalistas reclaman “informar á poboación, sinalizar ben os cortes evitando colapsos, manter limpas as cunetas a pesar do corte porque as escorrentías, e falta de limpeza das canles e cunetas son parte do problema”.

No caso do camiño aseguran que Lei de Bases de Réxime Local obriga ao concello a arranxalo porque o acceso aos núcleos é competencia municipal, “o goberno municipal conta co bng para atopar solucións satisfactorias. É xusto recoñecer a envergadura desta obra para un concello como Pantón, motivo polo que desde o bng xa promovemos ante o ministerio e Adif sendas peticións e preguntas, para que colabore co concello de Pantón e poida ser reposto e arranxado este vial e o muro de contención”, conclúe Prieto Florines.

ÚLTIMAS

Monforte espera un gran Desfile de Martes de Entroido tras confirmar 1.296 inscritos

O Alcalde de Monforte de Lemos vén de anunciar, tras pechar o prazo de...

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...