HomePolíticaO PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

O PP de Monforte pon o foco sobre o estado de abandono que presenta un dos principais accesos á cidade: a conexión entre o polígono industrial do Reboredo e a estrada nacional N-120.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente deplorable, unha situación que non se debe só á climatoloxía invernal, senón ás continuas avarías na rede de abastecemento de auga nese tramo, que provocan fochancas e o levantamento do asfalto de xeito recorrente”.

Varela sinala un grave problema de seguridade que as luminarias da vía non funcionan e lamenta que no tempo na Deputación o alcalde “non fose capaz de facer valer o seu cargo para conseguir que o Ministerio de Fomento adecente esta entrada”.

A voceira popular refírese tamén á xestión municipal, “en pleno instouse ao Concello a que tamén actúe na rúa Reboredo, nas inmediacións do enlace, onde o estado das tubaxes e do asfalto está a prolongar unha situación de abandono que xa dura demasiado tempo”.

A N-120 é unha vía fundamental para os veciños e veciñas de Monforte, xa que mentres non chega a tan demandada A-76, é a principal vía de comunicación coa provincia de Ourense. Trátase ademais dunha estrada que conecta cidades e vilas galegas de gran relevancia como Monforte, Ourense, Quiroga, O Barco de Valdeorras ou A Rúa.

Lembran que en maio do pasado ano se aprobou por unanimidade, unha iniciativa popular solicitando o arranxo urxente do firme da N-120, “A realidade é que non se levou a cabo ningunha actuación desde entón. A falta de mantemento e de investimentos tradúcese hoxe nunha estrada practicamente intransitable nalgúns tramos, onde nas últimas semanas se teñen producido decenas de incidencias que afectan á seguridade viaria e ao día a día dos usuarios”, conlúen.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...