HomePolíticaO PP sobre Augas Mestas, "parece complicado abrir para a campaña de...

O PP sobre Augas Mestas, “parece complicado abrir para a campaña de verán”

Os deputados do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao voceiro do PP de Quiroga, Adrián González, comprobaron o estado do complexo turístico de Augas Mestas en Quiroga, propiedade da Deputación, "que un ano máis semella ter moi complicado abrir de cara á campaña de verán a pesar de que o goberno de PSOE e BNG anunciou durante 2025 contratacións por importe de 264.933,12€”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denunciou o estado de “abandono total” no que se atopa Augas Mestas, xa que “o mobiliario e o material interior —que contaba cun prazo de instalación de dous meses — segue sen colocarse”. Engaden a isto a situación do exterior: o peche vexetal atópase seco por falta de coidado e as zonas verdes están totalmente descoidadas. “É inaceptable que se invistan fondos públicos en contratos que despois non se supervisan nin se manteñen”, lamentou.

Algunhas das principais contratacións realizadas por PSOE e BNG para este complexo turístico son:

  • Equipamento do campamento (Lote 1), 92.704€ 
  • Equipamento do campamento (Lote 2), 60.500€
  • Posta en funcionamento do campamento, 44.348,94€
  • Mellora da depuración, 35.234,41€ (pendente de instalar)
  • Peche vexetal, 29.340,03€
  • Subsanación de defectos, 2.865,74€

Antonio Ameijide denuncia que este é un exemplo máis da “nefasta xestión” de socialistas e nacionalistas. Estamos case en abril e un recurso turístico de primeiro nivel para a comarca segue pechado e deteriorándose”, denunciou.

Para o voceiro popular “a situación é moi preocupante” xa que “vemos como son incapaces de poñelo en marcha tras case 20 anos pechado” polos gobernos de PSOE e BNG.

Posta en valor do embarcadoiro

Ameijide cre tamén que “hai que estudar a forma de recuperar as rutas de catamarán dende o embarcadoiro de Augas Mestas que foron desmanteladas polos gobernos de PSOE e BNG; unha mágoa que se presentasen as rutas fluviais en catamarán e non houbera nin unha soa referencia ás rutas no entorno de Quiroga e Ribas de Sil”.

Así mesmo, defende a compatibilidade do uso do pantalán por parte da asociacións ou entidades asociativas co da propia actividade do complexo; despois de que “o goberno da Deputación negara sen ningún tipo de xustificación lóxica o seu uso por parte doutras entidades”. De feito, “en toda a rede de embarcadoiros da provincia se autoriza o seu uso, por exemplo, a empresas de turismo fluvial dinamizan o sector turístico ao mesmo tempo que poñen en valor o noso territorio”. Polo tanto, “denegar o uso do embarcadoiro de Augasmestas parécenos inxusto e carente de sentido”.

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...