HomePolítica“Quiroga conta con 3 centrais hidroeléctricas sen que isto supoña ningún abaratamento...

“Quiroga conta con 3 centrais hidroeléctricas sen que isto supoña ningún abaratamento na factura da luz”, din dende o BNG local

Os nacionalistas estarán este domingo 10 de febreiro, na feira de Quiroga, cun posto de recollida sinaturas a favor do abaratamento do recibo da luz cunha tarifa eléctrica galega.

Publicado o

- Advertisement -

O acto de recollida de sinaturas forma parte da campaña que o BNG desenvolve en todo o país contra a subida da luz e que, segundo din na formación do bloque local, “en Quiroga cobra aínda máis sentido ao padecer as consecuencias de ter tres centrais hidroeléctricas –San Martiño, Montefurado e Sequeiros- sen que isto supoña ningún tipo abaratamento na factura da luz”, polo que tamén presentarán unha moción para tratar o asunto nun Pleno municipal.

Dende o BNG entenden que sendo Galiza un país excedentario en materia de produción de enerxía, é escandalosa a suba do recibo da luz que volveu incrementarse no mes de xaneiro, agravada ademais polo denominado “suplemento territorial” -a aplicar entre 2019 e 2020- que penaliza gravemente a Galicia.

Os nacionalistas ven como unha estafa que se pague un 31% máis no recibo da luz que hai oito anos e que só no período do último ano, de 2017 a 2018, o recibo subira un 8,6%.  Engaden ademais que sendo Galicia produtora de enerxía eléctrica, e nutrindo a outras partes do estado, pagará o 34% da subida mentres que Madrid, deficitaria, tan só o 2,1%.

Esta lóxica de que quen ten máis recursos e consume máis pague menos é vista como unha estafa e un espolio, tendo claro dende a oposición quiroguesa que “se producimos electricidade temos dereito a que esa riqueza reverta sobre o pobo”.

Por todo isto, o BNG defende que os recursos enerxéticos da Galicia deben estar baixo control público galego e, dentro da campaña, plantexa as seguintes propostas: unha tarifa eléctrica propia para Galicia que atenda aos verdadeiros custos da produción e que sexa máis barata para particulares e para empresas,  a eliminación dos suplemento territoriais que debe pagar cada comunidade autónoma, a baixada do IVE na factura eléctrica do 21% actual ao 4% -superreducido como o aplicado a bens e primeira necesidade-, garantir o subministro a toda a poboación e a creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o período de concesión.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...