HomePolíticaEsperta Monforte presenta as alegacións á ponte de ferro no Malecón

Esperta Monforte presenta as alegacións á ponte de ferro no Malecón

Esperta Monforte vén de presentar diversas alegacións, tanto a nivel de partido como a nivel individual contra a ponte prevista no Malecón por parte do alcalde de Monforte, José Tomé

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas iniciativas súmanse ás alegacións presentadas por outros partidos políticos, movementos sociais como Salvamos o Malecón e moitas persoas que a nivel individual están presentando alegacións ante a CHMS. Segundo Esperta Monforte, “o proxecto é unicamente teima do alcalde que tomou a decisión de sacar adiante a ponte sen ningún informe urbanístico e medio ambiental que avalara a necesidade de levala a cabo”. Esperta Monforte considera esta obra un atentado urbanístico e medio ambiental na contorna do Malecón e no barrio de Remberde.

Aseguran que a obra vai contra a esencia do Malecón ó impor unha estrutura de 14 metros de ancho con saída á rúa Corredoira de 8 metros. “Aniquilaranse máis de 16 árbores nunha contorna única na cidade do Cabe. A ponte lava consigo unhas rampas de acceso que rematan a 3 metros de altura na entrada da pretendida ponte, fabricando un muro artificial que arruina a esencia da zona. A construción supón a deshumanización do Malecón ao roubarlle ás persoas, o espazo e a seguridade que os coches van quitar”, engaden.

Segundo Esperta Monforte séguense criterios contrarios á humanización das cidades que todos os gobernos progresistas implantan nas cidades avanzadas, “o que dá a entender que as motivacións ideolóxicas deste alcalde son moi cuestionables ao camiñar no sentido contrario, eliminando árbores, fomentando a utiización dos coches e utilizando o chapapote como consigna urbanística”. Ata este luns podíanse presentar alegacións.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...