HomePolíticaPor Chantada-CUP aposta por impulsar o sector apícola

Por Chantada-CUP aposta por impulsar o sector apícola

Piden nunha moción para o pleno de marzo instar á Xunta para regular a etiquetaxe do mel e campañas divulgativas sobre os beneficios de consumir mel galego.

Publicado o

- Advertisement -

Na súa exposición de motivos, Por Chantada-CUP, asegura que na actualidade, a apicultura é unha actividade social e economicamente relevante en Galicia, con máis de 160.000 colmeas en 4.000 explotacións diferentes. Consideran que se trata dun sector cun grande potencial na comarca, pero con moitas problemáticas por “carecer dunha intervención eficiente por parte da Administración”.

Lembran que desde a década dos oitenta son precisos  custosos tratamentos para combater o ácaro da varroa (Varroa destructor), ao que se engade a invasión da Vespa velutina e a falta dunha defensa eficaz. Outro problema, segundo Por Chantada-CUP,  está na produción e comercialización. “Fudamentalmente desde Arxentina e China entra mel de baixa calidade ou, moitas veces, adulterado, permitindo a normativa etiquetar meles con menos 1% de mel procedente da Unión Europea como mistura de meles orixinarios e non orixinarios da UE, o que, o que supón unha estafa ao consumidor e un fraude a un sector que, na Galiza, desenvolve un papel imprescindíbel.”

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) co lema “En defensa do noso mel, por un sector apícola rendíbel e sustentábel” concentrábanse recentemente en Compostela reclamando solucións ás administracións públicas para unha etiquetaxe clara.

A todo o anterior, engaden desde Por Chantada-CUP, os beneficios do consumo de mel para a saúde, para a economía e para o medio natural; con todo, solicitan ao concello instar á Xunta e ao Goberno central a desenvolver unha lexislación e unha etiquetaxe para que as persoas consumidoras teñan garantías da procedencia do mel que consumen e instar á Xunta a promover campañas para divulgar e informar sobre os beneficios do consumo de mel galego e o selo Mel da Galiza.

 

ÚLTIMAS

Prodeme participa no Meeting Internacional Special Olympics 2025

Son 9 os deportistas de PRODEME quen viaxaron a Castelló, 7 xogadores compiten na...

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...