HomePolíticaNavegaron os catamaráns sen os permisos e seguros necesarios?

Navegaron os catamaráns sen os permisos e seguros necesarios?

O PP asegura que teñen requerimentos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que desmostran que os catamaráns non tiñan as ITV e as ITB, pasadas. De ser así, o PP anuncia que o porá en coñecemento da Fiscalía o que debería derivar en dimisións dos responsables políticos.

Publicado o

- Advertisement -

O BNG presentaba este martes ao Pleno da Corporación Provincial, unha iniciativa na que solicitaba á Deputación a recuperación da xestión do servizo de catamaráns. Pedían tamén que se investigara o proceso de adxudicación e funcionamento da contratación do servizo ao longo do ano 2018, porque segundo os nacionalistas, “pagar por riba dos 250.000 euros máis por un servizo que está aberto menos tempo, que ten menos rutas, que empeora de xeito moi importante as condicións laborais dos traballadores, existen serias dúbidas da legalidade do proceso de adxudicación”.

A moción do BNG foi aprobada sen os votos do PSOE. Pola súa banda o PP, que presentaba tamén pregunta sobre este asunto, anunciaba que investigará se os catamaráns saíron navegar sen os permisos pertinentes durante oito meses.

Segundo os populares “a Deputación tivo cando menos desde febreiro do ano pasado ata outubro,oito meses navegando por un río nun barco sen ITV nin as ITB (Inspección Técnica de Barcos) pasadas. Como se fora un coche que vai sen permiso de circulación, ITV e sen seguro. Imos profundar nese tema e ampliar pedindo por escrito á CHMS se contan con iso ou non porque en outubro non o tiña. 60.000 persoas viaxaron sen ter eses permisos e cando investiguemos teremos que poñelo en coñecemento da Fiscalía e implicaría a dimisión dos responsables políticos que tomaron esta decisión”.

Para o PP, o actual goberno da Deputación, herdou a xestión dun servizo que funcionaba e non fixeron máis que empeoralo, “Había un servizo que herdaron con barco, permisos e tripulación que ía de Doade a San Clodio, eliminado. A ruta de Belesar, eliminada; a de Lugo, eliminada e o barco afundíndose. Fixeron unha inversión e incluso un pantalán en Peares pero a ruta a Maiorga está eliminada. Aguantan dúas rutas. Antes funcionaban todo o ano e baixan a seis meses, quitan recorrido, meses e incrementan os custos”.

Segundo o PP deberían de manterse os barcos que se sacaron e os horarios, e facer que funcionen todo o ano, pero consideran que “é o de menos” tendo en conta que “é un servizo nefasto que presenta irregularidades ás portas da Semana Santa.”

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...