HomePolíticaO BNG reclama no Parlamento actuacións para salvagardar a Ponte do Seixo...

O BNG reclama no Parlamento actuacións para salvagardar a Ponte do Seixo en Chantada

O BNG tamén reclama á Xunta que investigue os dous cortes da subministración eléctrica no municipio de Chantada, servizo correspondente a Naturgy. Suárez denunciou as perdas que sufriu a veciñanza e os negocios e reclamoulle ao Goberno do PP garantir o recibo das indemnizacións e compensacións necesarias

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego, da man do candidato á alcaldía de Chantada e deputado no Parlamento de Galego, Iago Suárez, vén de presentar unha batería de iniciativas na Cámara galega a respecto dos danos detectados nos últimos días na Ponte do Seixo, a que probabelmente é a máis antiga do concello. Construída en 1769, a Ponte do Seixo é unha peza altamente importante do patrimonio municipal que permite o paso por riba do río Asma no punto en que o curso fluvial divide as parroquias de Brigos e San Xurxo de Asma.

Cos datos coñecidos nos últimos días, se finalmente un dos muros superiores caera a rehabilitación será moito máis difícil e tamén cara. A este respecto, desde o BNG asegúrase que deixala caer sabendo do seu estado actual sería imperdoable, “as diferentes administracións teñen que se coordinar e colaborar de modo activo para salvagardar esta peza de todas e todos os habitantes de Chantada. Apelamos a que o Concello coa Deputación e a Xunta de Galiza fagan o que estea nas súas mans para evitar a caída da ponte”. As iniciativas rexistradas por Iago Suárez piden, ademais do arranxo da ponte, a realización dun estudo por parte da Xunta de Galiza sobre as causas que puideron ter causado os danos.

O BNG esixe á Xunta investigar os dous apagamentos de Chantada e pide un plan urxente para renovar a rede eléctrica

O deputado cuestiona a explicación ofrecida por Naturgy sobre o primeiro corte, que atribuíu a unha “actuación das proteccións de sobretensións pola caída dun raio”. Suárez sinala que nos rexistros de MeteoGalicia non consta ningún raio rexistrado nin no termo municipal de Chantada nin no conxunto de Galicia o 11 de xuño, polo que reclama á Xunta que comprobe se a explicación ofrecida pola distribuidora se corresponde coa realidade.

O deputado puxo o foco en que Chantada, “un territorio produtor de luz, teña que padecer cortes desta magnitude” e reclama unha tarifa eléctrica galega, “na que a riqueza xerada pola produción eléctrica no País reverta no pobo galego”, fronte a un modelo que “serve a Madrid”.

Pídelle á Xunta abrir unha investigación urxente sobre as causas dos dous apagamentos e reclamar a Naturgy un informe técnico sobre as avarías rexistradas. Ademais, pediu que o Goberno de Rueda realice as inspeccións e auditorías necesarias para comprobar a calidade da subministración eléctrica en Chantada e coñeza os datos das interrupcións dos últimos cinco anos e a execución dun plan específico de renovación da rede de media tensión, con actuacións de reforzo e mantemento que eviten que situacións como esta volvan repetirse.

Finalmente, Suárez pediu que as familias, comercios e empresas afectadas reciban as indemnizacións e compensacións correspondentes polos danos ocasionados e propuxo habilitar unha oficina de atención en Chantada que facilite a tramitación das reclamacións da veciñanza.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...