HomePolíticaFolgoso do Courel sen médicos e sen transporte público entre centros de...

Folgoso do Courel sen médicos e sen transporte público entre centros de saúde

C@urel Vivo denuncia a ausencia de médicos e En Marea reclama liñas que conecten os dous centros de saúde do municipio, dentro das alegacións ao Plan de Transporte Público de Galicia

Publicado o

- Advertisement -

O anteproxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, recibe ata 16 alegacións de En Marea. Reclaman que se amplíe o prazo de exposición pública dos anteproxectos e se impulse un proceso de diálogo no territorio, solicitando informe das necesidades de transporte nos diferentes concellos do sur da provincia.

Piden incluír liñas que conecten Folgoso e Seoane do Courel, xa que os centros de saúde de dito municipio son os únicos da zona sur que quedan sen conexión con liñas de transporte público; incluír unha parada máis en Monforte, ademais da estación de autobuses, na liña Barco de Valdeorras-Ourense; na liña Quiroga-Hospital de Monforte incluir unha parada na Pobra do Brollón e un enlace con Folgoso do Courel; conectar os municipios de Quiroga e Ribas de Sil con Folgoso do Courel; incluír liñas que enlacen diariamente a Estación de Autobuses e o Centro de Saúde de Chantada co Hospital de Monforte e incluir parada no cruce da Vacariza da liña Monforte E.A. – Sistín do Mato.

Outras das demandas de En Marea son: aumentar as frecuencias entre os centro sanitarios e entre Chantada e Santiago, incluír modelos de transporte adaptados ao territorio, impulsar un estudo sobre as posibilidades do transporte baixo demanda, que se faga unha avaliación xeral da conexión con liñas ferroviarias, que se avalíe a falta de accesibilidade ás paradas e estacións de autobuses e se aumenten as paradas en zonas de interese comercial, administrativo e empresarial en Monforte, así como unha análise das liñas dende o punto de vista do turismo.

C@urel Vivo denuncia a falta de médicos

Desde C@urel Vivo aseguran que na pasada semana non tiveron médico ningún no centro de saúde, segundo apuntan “por un despiste desde o Sergas”. Denuncian, que este día 7 é no centro de saúde de Folgoso onde non hai médico e auguran que se esto pasa a dous meses das eleccións, a situación será peor despois.

A C@urel Vivo, estes “despistes” parécenlle orquestrados e demandan uns servizos sanitarios dignos, mentres nas estradas recomendan con pancartas que a xente vaia con xeito porque moitas veces non hai médicos.

ÚLTIMAS

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

Unha APP de balde conectará a oferta e a demanda de emprego na provincia

A Deputación de Lugo vén de anunciar o lanzamento dunha APP móbil gratuíta, DeputaciónLugo...

Pantón homenaxea á súa bibliotecaria Milagros Pardo

Milagritos, a bibliotecaria Milagros Pardo, recibirá unha homenaxe o vindeiro 24 de maio en...

O PP provincial esixe prazos para o arranxo da N-540

Os populares preguntaban sobre a data efectiva de comezo e as obras executadas ata...