HomePolíticaEn Marea pide no Parlamento solucións ante a falta de persoal médico...

En Marea pide no Parlamento solucións ante a falta de persoal médico en Chantada e en Folgoso do Courel

En Marea tamén esixe que se definan orzamentos e anualidades do plan director do Hospital de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

En Marea pregunta á Xunta como vai  solucionar a falta de praza fixa de medicina familiar en Seoane do Courel e interésase polos días que quedaron cada un dos centros de saúde do Courel sen persoal médico no 2018 e 2019.

Segundo En Marea, nestes días tampouco se cubriron baixas e permisos de persoal facultativo no Centro de Saúde de Chantada, coa correspondente saturación de pacientes. Lembran que de haber unha urxencia nun domicilio, a situación desbordaríase, sobre todo se o aviso é no rural de Chantada.

En Marea, a través da Deputada Paula Vázquez Verao, reiterou, ademais, a solicitude á Xunta de que o “plan director” do Hospital sexa presentado detalladamente, con prazos e orzamentos, porque segundo a formación política “é unha tomadura de pelo que a Xunta non dea a información completa e que non se comprometa coas necesidades de persoal e especialistas do Hospital”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...