HomePolíticaO Colexio de Pantón renovará as fiestras e a súa accesibilidade

O Colexio de Pantón renovará as fiestras e a súa accesibilidade

As obras contan con un presuposto de 63.000 euros aportados pola Xunta de Galicia

Publicado o

- Advertisement -

O CEIP Monte Baliño de Pantón será remodelado a partir do verán a través do investimento feito no centro pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenanza Universitaria.

As obras, que contan cun presuposto de 63.000 euros, levaranse a cabo logo do remate das clases para non interferir na rutina educativa dos alumnos. Estas obras consistirán na substitución de parte da carpintería exterior nas ventás do centro por outras con illante térmico que axudarán a regular a temperatura exterior. En canto a accesibilidade, vaise instalar no centro un ascensor hidráulico de dúas paradas no edificio principal; para elo, será necesario modificar a distribución tanto na planta baixa como na primeira.

Segundo o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro destaca que, “a consellería de Cultura e Educación predica co exemplo e está a introducir os criterios de aforro enerxético en todas as actuacións que programa nos centros propios, contribuíndo a avanzar nun desenvolvemento máis sostible”.

 

ÚLTIMAS

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...