HomePolíticaOposición á localización do novo Centro de Saúde do Saviñao

Oposición á localización do novo Centro de Saúde do Saviñao

O voceiro do PSOE no concello, Celestino Rodríguez, afirma que socialistas e moitos veciños/as están en contra de que o Campo da Lama sexa o lugar escollido para edificar o novo centro sanitario.

Publicado o

- Advertisement -

Tras coñecerse que o Sergas adxudicara estes días a construción do centro médico, Celestino Rodríguez lamentou que “o PP no Concello e a Xunta de Galicia non tivera en conta a opinión da maioría de veciños que prefiren renovar as instalacións do actual ambulatorio”.

Rodríguez explicou que actualmente o terreo onde o Partido Popular prevé situar o novo Centro de Saúde en Escairón, o coñecido Campo da Lama, está destinado a usos deportivos e de lecer, polo que a construción do inmoble obrigaría a reducir o parque saudable e o platanar da contorna, “rompendo o urbanismo de Escairón e un dos centros de esparexemento e lecer dos veciños”.

Os socialistas do Saviñao ven tamén como inconvenientes que o emprazamento escollido pode dar problemas de ‘encharcamentos’, porque é o lugar onde nace o río Pesqueiras e fórmanse lagoas de auga nos meses de inverno, a proximidade do colexio que ocasionará problemas de aparcamento e a distancia das farmacias.

Segundo afirma o voceiro socialista, presentaron varias iniciativas no Pleno do Concello, rexeitadas polo PP e o BNG, propoñendo a rehabilitación do Centro de Saúde actual entendendo que é mellor solución que investir nun novo, solución esta que ademais non conta co apoio de moitos/as veciños e veciñas.

De non ser posible realizar os traballos de acondicionamento referidos, os socialistas sinalan como alternativa enclaves mellores para situar o novo centro médico como poderían ser o edificio de sindicatos ou a finca do “Larsa”, esta última propiedade de Suplusa.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...