HomePolítica240.000 euros da Deputación para acondicionar 5 estradas en Folgoso do Courel

240.000 euros da Deputación para acondicionar 5 estradas en Folgoso do Courel

A voceira socialista, Carmen Álvarez, lamenta que a Xunta non teña a mesma implicación para arranxar estradas de titularidade autonómica, como a LU-651, para a que a Xunta leva incluído partidas que suman un total de 1,5 millóns de euros, pero nunca se executan.

Publicado o

- Advertisement -

A voceira socialista explicou que os traballos realizaranse nun treito de 1,1 quilómetros da LU-P-1301, que vai dende Seoane do Courel ao Hospital e ramais a Piñeira, Lousada e Vila; a LU-P-1303, que vai dende Seoane- Visuña – Ferramulín, LU-P-1306, que vai dende Megoxe a Ferreira do Incio, a LU-P-4501, que vai dende Poio a Louzarela e accesos Meiraos e a LU-P-560, que vai dende Samos ao Courel e ramal a Santa Mariña.

As actuacións, que previsiblemente comezarán no vindeiro mes, consistirán na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade vial coa renovación da sinalización horizontal e vertical.

Con respecto a LU-651, cuxo arranxo, os socialistas de Folgoso, califican de débeda histórica do PP co concello, presentaron unha emenda aos presupostos da Xunta para esixir o inicio inmediato da reforma integral de dita vía e un investimento de 1 millón que foi rexeitada polos populares”. E pregúntanse onde están os 6 millóns de euros que a Alcaldesa prometeu aos caurelanos para arranxar a estrada.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...