HomePolíticaA volta do alcalde de Chantada ao PP, peza clave para acadar...

A volta do alcalde de Chantada ao PP, peza clave para acadar a Deputación?

O alcalde de Chantada asegura que Feijóo e Candia o convenceron para volver ao PP, mentres os socialistas enmarcan a fichaxe nun intento por recuperar a Deputación.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Chantada, o independente Manuel Lorenzo Varela, asegura que a súa volta ao Partido Popular débese a que o presidente do partido a nivel galego, Alberto Núñez Feijóo, e a líder provincial, Elena Candia, o convenceron para regresar. “Tanto un como outra foron decisivos para alcanzar este acordo que esperamos que sexa totalmente beneficioso para o concello e para a comarca”, sinala Manuel Lorenzo.

Varela abandonara o partido polo enfrontamento coa que era presidenta do PP local e agora secretaria xeral de Igualdade na Xunta, Susana López Abella. No 2011, Varela acadaba a alcaldía baixo as siglas Independentes Terra do Asma, despois de ter sido alcalde, tamén co PP.  Manuel Lorenzo Varela asume que Inta non continuará e que os seus concelleiros pasarán ao PP. Así, afirmou que “a maioría dos que están na corporación (os seus concelleiros) están para pasarnos ao PP”. O alcalde non oculta que tivo “máis noivas” para concorrer ás municipais, aínda que repón que “un opta polo máis serio e tamén polo máis rendible”.

Alcalde de Chantada / Concello de Chantada

O anuncio da volta de Manuel Lorenzo ás filas do PP é visto polo PSOE como un intento por recuperar a Deputación. En rolda de prensa, Luis Álvarez, acusaba ao PP de “estar instalado” nunha “dinámica absolutamente depredatoria” na provincia de Lugo co obxectivo de recuperar a institución provincial.

Neste sentido, Álvarez considera que parece que os populares teñen “renovadas expectativas” na provincia. “Están a traballar con moita intensidade, nalgún caso raiando un mal uso dos fondos públicos”, denuncia que o PP “está a empregar o que se supón que son funcionarios públicos para facer política en horario de traballo”.

Preguntado sobre as críticas de varios sectores socialistas á configuración das listas para os próximos comicios electorais, sinalou Luís Álvarez, que considera que as críticas responden a que parte da militancia cría que as listas “ían configurarse en base a votos” cando se ían a elaborar “en base a propostas” que son “susceptibles de ser modificadas”.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...