HomePolíticaA Pobra do Brollón non contratará brigadas da Xunta para este verán

A Pobra do Brollón non contratará brigadas da Xunta para este verán

Dos 67 concellos lucenses, só 2 non terán suscrito convenio de prevención e extinción de incendios nalgunha das 3 modalidades: contratación de brigadas, actuación das motobombas municipais e rozas de camiños

Publicado o

- Advertisement -

O delegado da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro manifestou que 65 dos 67 concellos da provincia -a excepción de Rábade e A Pobra do Brollónterán subscritos este verán ca Consellería do Medio Rural os convenios de prevención e extinción de incendios nalgunha das 3 modalidades: brigadas, motobombas ou roza de camiños.

Esta actuación supón un investimento de 3.5 millóns de euros para previr que este verán o lume poda chegar a afectar aos montes galegos do mesmo xeito co fixeron o outubro pasado. Cabe salientar que no Concello da Pobra do Brollón, parroquias como a de Cereixa, víronse gravemente afectadas por unha baga de lumes sen precedentes.

Un total de 360 brigadistas para un total de 73 brigadas, serán contratados polos concellos co apoio do goberno autonómico que se encargarán de vixiar e loitar contra o lume. As brigadas, terán entre 4 e 5 compoñentes cada unha e ademais das encomendas anteriormente mencionadas, tamén deberán de limpar os montes municipais e aqueles en que o dono sexa descoñecido.

Por outra banda, 41 municipios recibirán apoio a través de motobombas e 57 concellos lucenses acolléronse á modalidade do convenio que contempla o financiamento de tratamentos preventivos en vías de titularidade municipal, polo que se rozarán en toda a provincia un total de 6.430 hectáreas.

 

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...