HomePolíticaO Alcalde de Láncara acusa ao voceiro do PP de boicotear os...

O Alcalde de Láncara acusa ao voceiro do PP de boicotear os proxectos do Concello

O rexedor lancarés carga contra Santiago Cubillas por entender que a súa estratexia política consiste en poñer paus nas rodas para que obras de interese xeral non saian adiante.

Publicado o

- Advertisement -

Darío Piñeiro López denuncia que “o único que fai polo municipio o voceiro do PP é poñer trabas para que os proxectos do Concello non saian adiante”. Neste senso, o rexedor socialista explicou que “todas as actuacións que poñemos en marcha dende o Goberno Municipal son denunciadas sempre polo señor Cubillas coa finalidade de retrasar as obras, prexudicando cos seus actos aos veciños de Láncara”.

Diante da acusación da oposición, de empezar as obras de construción da ponte de Santa María de Lama hai quince días como estratexia electoral, o alcalde deféndese argumentando que houbo que esperar máis dun ano polo permiso para poder actuar e nunca se dilatou o proceso para sacar rédito político. Engade, ademais, que ese tipo de estratexias son máis propias do ADN do PP e de esperar tamén do señor Cubillas se fose el o alcalde.

Piñeiro, sae o paso tamén de críticas respecto a outros temas relacionados coas obras públicas no Concello de Láncara. No que atinxe ao prezo da renovación da pasarela da Praia fluvial lembra que o prezo de licitación é de 27.000 euros e non de 40.000 como afirma Santiago Cubillas. E matiza que sendo previsible que baixe dese importe no proceso de adxudicación aínda se poderá renovar o alumeado público da pasarela co conseguinte aforro orzamentario.

Tamén se defende da acusación do PP local cando afirma que as melloras en vías municipais non incluían a limpeza das cunetas cando iso non é certo. Segundo afirma Darío Piñeiro, operarios da Deputación de Lugo traballaron neses labores e o Goberno Municipal mercou un camión é unha pala para complementar os traballos.

Foto de familia dos representantes políticos e o parque móbil de Láncara. Foto: Prensa Deputación de Lugo

Para rematar, o rexedor lancarés destaca que grazas ás xestións do seu equipo de goberno o Concello de Láncara conta cun completo parque móbil composto por un camión de rego, un pisón, un tractor, un remolque, dúas desbrozadoras e unha pala mixta.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...