HomeMovementos sociaisChantada celebrará unha subasta de arte por una boa causa

Chantada celebrará unha subasta de arte por una boa causa

Dende o 2014, O Recuncho Solidario de Chantada celebra diferentes campañas de recadación de fondos, tanto económicos como materiais, para que os menos favorecidos da comarca poidan facerlle fronte ás súas necesidades máis urxentes

Publicado o

- Advertisement -

O Recuncho Solidario, asociación sen ánimo de lucro de Chantada que naceu no ano 2014 traballando a prol da reciclaxe e o consumo responsable, celebrará o venres 15 de xuño no hotel Mogay unha subasta solidaria de cadros co obxectivo de recadar fondos para a posterior prestación de axuda ós máis necesitados. Dende as 19:00 horas que da comezo a exposición, ata as 20:30 que empezará a subasta, os que alí se acheguen poderán visitar as obras que posteriormente se lles poñerá prezo. Ás 21:30 horas, os presentes gozarán dun aperitivo.

Cartel da subasta do Recuncho Solidario/R.S.

A idea desta subasta xurdiu cando unha veciña da vida, Ana María Gay Moure, quixo doar un lote de cadros á asociación pero entre as bases da formación consta que non se recollen obxectos de decoración senon só cousas de utilidade básicas. Por iso, os membros da formación en prol dos máis necesitados, decidiron facer unha subasta con eles para recadar fondos.

A raíz desta idea, dende O Recuncho Solidario, apostaron por implicar nesta iniciativa a artistas da comarca para así tamén axudar á visibilización do seu pontencial artístico. Chus Rodríguez, Randolfe Vilariño, Lomarti, Ángel Gómez Montero, Ununtu Refugallo, Cristina Ouro, Elva Prado, Raquel González, Jon González, Patracia Fernández Paz e Mercedes Paz Pérez son algúns dos artistas que se sumaron a este proxecto.

Os cartos recadados durante o acto serán destinados ó Fondo de Emerxencia Social do Recuncho (fondo económico para dar resposta de xeito inmediato a certas necesidades básicas e de emerxencia como son bombonas de butano, alimentos frescos, billetes de autobús para desprazamentos médicos, aloxamento e comida puntual para xente sen fogar) e a un Obradoiro de Reciclaxe e de Restauración de Mobles.

 

 

 

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...