HomeCulturaPor un puñado de SNPs, a obra gañadora do monfortino Adrián Casanova

Por un puñado de SNPs, a obra gañadora do monfortino Adrián Casanova

Nado en Monforte hai 29 anos, estudou o Ciclo Superior de Saúde Mental, licenciouse en Bioloxía e finalmente cursou un máster en Enxeñería Ambiental. Actualmente traballa na Universidade de Santiago de Compostela cun predoctouramento

Publicado o

- Advertisement -

Como xa informou o XdL, o monfortino Adrián Casanova Chiclana acaba de ser nomeado gañador do VIII Edición de Inspiraciencia, o concurso de relatos de inspiración científica organizado polo CSIC.

Adrián leva toda a vida escribindo. Á marxe dos seus estudos, a súa segunda paixón é a literatura. Escribir relatos de diversa temática que sempre deu a coñecer a través de concursos para que así, non quedaran gardados no caixón do esquecemento. Tras moito esforzo, o merecido premio chegou da man de Por un puñado de SNPs

Como te presentache á VIII Edición de Inspiraciencia?

Pois como outras moitas veces. Eu sempre escribo. Xórdenme ideas en calquera momento que rapidamente anoto para non perdelas e de aí vou construíndo os meus relatos. Sempre me presentei a concursos aínda que moitos deles non os gañei. Considero que é a forma máis sinxela e accesible de que as túas obras cheguen ó público.

Que é para ti Por un puñado de SNPs?

É unha obra sinxela, que compuxen de casualidade e que, logo de varias edicións, presentei a este concurso para ensinarlle ó mundo dun xeito sinxelo o que é o ADN.

Que é un SNPs?

Un polimorfismo dun so nucleótico ou SNP (Single Nucleotide Polymorphism) é unha variación na secuencia do ADN que afecta a un so nucleótico, nunha determinada posición. estes nucleóticos poder ser Adenina (A), Citosina (C), Guanina (G) e Timinina (T) que constitúen, como se dun alfabeto se tratase, o idioma do ADN. Os SNPs poden ter diferentes aplicacións, entre elas a identificacións de especies, funcionando neste caso como se de un código de barras se tratara.

Como son as túas obras?

Sinxelas e considero que fáciles de ler. O que me gusta é que todo o mundo poida gozar dos meus escritos e entender a ciencia desde un punto de vista máis próximo. Explicar o que somos e de que estamos compostos.

Que supoxo para ti gañar este certame?

Ledicia. Ver que o teu traballo foi recompensado, que gustou e que realmente o esforzo mereceu a pena. Isto é un gran impulso para seguir traballando.

 

 

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...