HomesociedadeUnha moción do BNG de Monforte deu pé á vitoria xudicial fronte...

Unha moción do BNG de Monforte deu pé á vitoria xudicial fronte a Aqualia

Os nacionalistas celebran a recente sentenza que vén de gañar o concello de Monforte, xa que foi unha moción deste grupo municipal a que deu pé a esta vitoria xudicial .

Publicado o

- Advertisement -

O BNG de Monforte considera xusta esta vitoria xudicial do concello de Monforte fronte a Auqualia e asegura que sinte especial satisfacción ao ser froito dunha moción presentada polo grupo municipal nacionalista a que deu lugar ao acordo da corporación que significou o principio desta “historia xudicial con final feliz para as arcas do consistorio monfortino, e polo tanto para todos os seus habitantes.”

A loita xudicial do concello monfortino comeza coa presentación dunha moción do BNG na que se pedía que Aqualia asumise os custos da renovación das infraestruturas das que era concesionaria nas rúas monfortinas da Corredoira, Irmáns da Pena é José de Garabantes, que deu lugar a diferentes debates e ao acordo, xa no 2018 no que o concello iniciaba as accións xudiciais.

“As administracións deben protexer de maneira especial o que é de todos, este é un caso máis onde se ve que o traballo dende a oposición dá froitos, aínda que haxa que lamentar a lentitude do sistema xudicial, cos trastornos que iso xera para particulares e administracións “, expuxo Sánchez.

Ao tempo que lembrou que este acordo é o exemplo de que hai que “escoitar á oposición porque xuntos somos máis fortes e sentenzas como esta certifícano.”

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...