HomePolíticaÓscar Carrete, de C@urel Vivo: "Folgoso e Seoane do Courel non existen...

Óscar Carrete, de C@urel Vivo: “Folgoso e Seoane do Courel non existen para as administracións”

Dende a formación C@urel Vivo levan tempo denunciando unha situación a cal consideran insostible pola falta de servizos e abandono por parte da administración

Publicado o

- Advertisement -

Óscar Carrete é o portavoz da formación C@urel Vivo. Dende fai anos levan denunciando unha situación que se presume de difícil solución. A falta de servizos básicos ó longo do ano, fai que vivir na súas montañas se presuma cada día máis complicado.

No seu concello non é nova que cando un médico do centro de saúde vai de vacacións, a súa vacante non se supla. No ambulatorio hai dous doutores e cando un non está, o outro ten que atender ós doentes de ambos. Se a iso se lle engade que ás veces ten que acudir a un domicilio, os que están a esperar a súa quenda no ambulatorio, quedan sentados esperando que non tarde. Por outra banda, soamente dispoñen de pediatra en Quiroga, o cal soamente pasa consulta un día á semana. As estradas son parcheadas con grava o que provoca rebentóns nas rodas, non se lle fai fronte ás pragas de especies invasoras ou non se ten intención de crear unha segunda brigada contra o lume, son algunhas das denuncias que dende o equipo de Óscar Carrete se están consideren co obxectivo de darlle visibilidade e poder poñer fin a esta situación.

Cambiou algo a situación dende o ano pasado con relación á atención médica?

Non. Seguimos tendo dous médicos no ambulatorio. Cando un marcha de vacacións, o outro ten que facerlle fronte ós doentes de ambos. Non che quero dicir para cando o doutor ten que saír a unha urxencia domiciliaria. Os doentes que nese momento están no centro médico soamente teñen como solución esperar sentados a que non tarde moito en volver. Póñoche un caso. O outro día unha veciña de Folgoso avisou ó médico porque súa nai perdera o coñecemento. O médico nese intre estaba en Seoane e ir dun punto ó outro supón uns 45 minutos de traxecto. Finalmente a señora foi trasladada ó Punto de Atención Continuada de Quiroga pero resulta que como tampouco hai médicos dabondo, non había quen a atendera para cando entrou pola porta. Soamente temos pediatra en Quiroga e para iso, unicamente pasa consulta un día á semana. Na montaña hai nenos que precisan atención e xa non falemos agora no verán, cando hai máis poboación. É un cúmulo de despropósitos. Estamos abandonados por parte das administracións. Dende o meu partido dirixímonos ó Conselleiro de Sanidade o cal non sabía onde quedaba Courel e Ramón Ares, do HULA, díxonos que non había médicos para cubrir as vacantes. Sen embargo, dende a Escola de Médicos o que nos dixeron e que especialistas si que había pero que as condicións que ofrecía o Sergas eran tan desastrosas que ninguén quería cubrir as vacantes.

Centro médico do Courel/C@urel Vivo

Recentemente estiveron avaliadores da UNESCO pola candidatura de Xeoparque, e sen embargo, vós fixestes unha denuncia sobre especies invasoras no Courel, cres que a presenza de especies non autóctonas poden afectar á candidatura de Xeoparque?

Nós denunciamos a presenza de especies invasoras no Courel. Levámolo a pleno porque ademais, as matas de mimosas que existen, son de fácil erradicación. Sen embargo, dende o goberno local non se fixo absolutamente nada pola súa desaparición. Non digo que este sexa motivo para que dende a UNESCO non declaren a zona como Xeoparque pero si que é certo que cando un se presenta a unha candidatura como esta, ten que saber que os avaliadores non so valoran as xeoloxía da zona, senón tamén os servizos e a calidade de vida dos veciños. Servizos non temos, a calidade de vida é bastante mellorable e por riba, temos especies invasoras ás cales non lle poñemos freo. Xa digo, oxalá outorguen a declaración de Xeoparque pero hai fallos que non se poden consentir en temas tan relevantes como este.

Falas de falta de servizos, e un deles é a sanidade, cal máis sobre carencias na zona?

As estradas. A Xunta de Galicia en lugar de arranxar unha estrada, parcheouna con grava. O resultado foi que quedou un peralte de tales características que xa se produciron dous rebentóns de rodas pola súa culpa. A Deputación de Lugo tamén. Prometeunos unha estrada para enlazar con Pedrafita do Cebreiro e sen embargo, logo de moitos anos, aínda está rematada.

Esta é unha pregunta obrigada. Se o goberno local é do PP ó igual ca Xunta de Galicia, como pode ser tal deficiencia de servizos?

Porque no PP hai 2 variantes. Os afíns a Raquel Arias e os que están con Elena Candia que é a directora de equipo en Santiago e Lugo. E a nosa alcaldesa é afín a Raquel Arias, así de sinxelo.

O que non se dan conta é de que dende que a alcaldesa é Lola Castro no Courel temos un 20% menos de poboación e un 25% menos de afiliados á Seguridade Social. Estes son datos sacados do INE pero ca xestión que estamos tendo é normal. Se non é por nos, en lugar de ter dúas brigada contra os lumes, temos unha e todo porque dicían que no concello non había xente preparada para traballar nesta especialidade. Levamos a pleno a nosa demanda, fixéronnos caso e na actualidade, temos dúas brigadas que suman un total de 10 postos de traballos. Isto tradúcese en 10 persoas menos paradas e por riba, case todos da localidade.

 

 

 

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...