Dende o mércores 1 de agosto ata o vindeiro domingo 5 de agosto, as localidades de Monforte, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Pantón, O Saviñao, Bóveda, Chantada, Taboada e Carballedo estarán baixo a influencia dun episodio de altas temperaturas coñecido como vaga de calor.

Non existe unha definición única para explicar o que é unha vaga de calor. Sábese que son episodios de temperaturas anormalmente altas, que se manteñen no tempo e que afectan a unha parte importante da xeografía. Ás veces úsase a súa definición de xeito erróneo pois na época estival é usual que se rexistren temperaturas altas. Por todo isto, dende AEMET consideran que unha vaga de calor é un episodio de mínimo tres días consecutivos, no que como mínimo o 10% das estacións metereolóxicas consideradas rexistran máximas por riba do porcentual do 95% da súa serie de temperaturas máximas diarias dos meses de xullo e agosto do período 1971-2000. Dende Meteogalicia definen unha vaga de calor cando as temperaturas máximas superan os 35ºC e as mínimas, os 20ºC.
Para poder definir un episodio de altas temperaturas como vaga de calor, dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía consideran que a súa duración, o número de provincias afectadas, a temperatura máxima da vaga e a anomalía do episodio, son os 4 factores que caracterizan a este fenómeno atmosférico.
Dende AEMET destacan que a vaga de calor máis importante rexistrada nos últimos tempos durou 26 días, concretamente entre o 27 de xuño e o 22 de xullo do 2015 onde se rexistraron temperaturas máximas de 37.6ºC. Durante este período soamente houbo 2 días nos que os termómetros deron un pequeno respiro aínda que foron practicamente inapreciables e non foron suficientes para irromper a vaga.
causas das vagas de calor
Segundo os expertos, as vagas de calor cada vez son máis frecuentes. Actualmente, estase producindo unha cada 5 anos mentres que fai medio século, producíase unha cada 20.
Entre os factores que provocan ditas anomalías, os expertos apuntan cara o cambio climático. O perigo do aumento de temperatura, o desxeo que está a sufrir o Ártico e o avance do cambio climático son os principais factores.
como actuar ante unha vaga de calor?
Os sectores de poboación máis sensibles ante as altas temperaturas son os cativos e as persoas maiores.
Igualmente, cómpre ter en conta unha serie de recomendacións para toda a poboación con son,
- evitar as bebidas con cafeína xa que provocan o aumento da frecuencia cardíaca.
- aproveitar a sombra se se sae á rúa e evita as horas centrais do día, entre as 12:00 e 18:00 así como a exposición ó sol.
- usar roupa lixeira, gafas de sol, sombreiro e crema de protección solar.
- non inxerir comidas copiosas.
- reducir a actividade física.
- pechar fiestras e baixar persianas durante o día. Pola noite, cando descenden as temperaturas pódese abrir e ventilar.
- comprobar que os alimentos que se van inxerir cumpran as medidas de conservación necesarias.
En moitos casos, é imposible seguir as recomendacións dos expertos e algunhas persoas sofren os coñecidos como golpes de calor.
que é un golpe de calor?
Considérase como golpe de calor cando a temperatura corporal supera os 40ºC. Neste caso, a temperatura interna elévase ó punto de superar os mecanismos que regulan a temperatura do corpo. Ante cadros coma este, o corpo comeza a suar como medida de defensa, pero cando a temperatura corporal e esaxeradamente alta, a sudoración flúe máis lenta provocando co organismo non se refresque de modo veloz.
Os síntomas dun golpe de calor xeralmente son a dor intensa de cabeza, mareos, en casos extremos perda de conciencia, excasa excreción de ouriña, pel reseca, o corazón acelérase, debilidade en todo o corpo e ausencia de suor corporal.
Xeralmente afecta a xente que realiza actividades físicas de gran esforzo e intensidade, os anciáns e ós enfermos.
Se ó noso carón temos a alguén que puidera sufrir un cadro destas características, as recomendacións de actuación son:
- colocar ó doente á sombra.
- quitarlle a roupa para refrescalo.
- se está consciente, colocarlle a cabeza lixeiramente elevada e ofrecerlle abundante auga fresca.
- refrescalo con auga e xeo, sobre todo na cara e nas axilas pero non introducirlle o corpo enteiro en auga fría.
- se está inconsciente, coloque o afectado tumbado dun lado cas pernas flexionadas e non darlle de beber baixo ningún concepto.