HomesociedadeO obradoiro de emprego do Saviñao traballa na devesa de Escairón

O obradoiro de emprego do Saviñao traballa na devesa de Escairón

Unha vez rematados os traballos en Escairón, realizarse tamén a limpeza, recollida de folla e poda sanitaria na devesa de Currelos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Concello do Saviñao, Carlos Armesto, supervisou os traballos que están a desenvolver os participantes no módulo de forestais do obradoiro de emprego Ricra IV que impulsa o Concello do Saviñao en colaboración cos Concellos de Pantón e Sober.

O rexedor local explica que “están a desenvolver a limpeza e a recollida da folla para realizar unha poda tanto estética como sanitaria na devesa de Escairón”. 

Os traballos de limpeza e recollida de folla estenderanse durante esta semana e, unha vez rematada a poda en Escairón, “realizarase tamén a limpeza, recollida de folla e poda na devesa de Currelos”, explica Armesto.

Estes labores que realizan os alumnos-traballadores do obradoiro son supervisados por dous monitores especializados.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...