HomeCulturaMiguel Ángel Aliaga,cantante de Señor Aliaga: "en España hai unha calidade creativa...

Miguel Ángel Aliaga,cantante de Señor Aliaga: “en España hai unha calidade creativa moi grande”

Miguel Ángel Aliaga e a súa banda actuaron o último día das festas de Monforte. Aínda ca súa actuación non estivo enmarcada nas programadas polo Concello con motivo da celebración, o concerto ofrecido por Señor Aliaga congregou a un público entregado e ansioso de pop, rock e indie.

Publicado o

- Advertisement -

Miguel Ángel Aliaga é o cantante do grupo Señor Aliaga. Oriúndos de Almansa (Albacete), el e a súa banda teñen como obxectivo facer unha festa alí a onde van.

En que ano creastes a banda e cal foi a motivación?

Nacemos no ano 2014. O batería David Otero e eu coñecémonos dende fai moitos anos e ambos tiñamos claro que faltaba un tributo as bandas de pop e rock deste país. Tiñamos claro co indie non estaba ben tratado a nivel popular, e iso que ten moitas variantes e grupos que se centran nel. E así xurdía o grupo Señor Aliaga, co obxectivo de facer festa alí onde vaiamos para que a xente o pase ben. O noso lema é “a los locos nos verán bailando” e iso xa o di todo.

Recoñezo co reggaeton e toda a música comercial está moi ben pero queriámoslle ensinarlle á xente que hai máis alá ca iso. Non todo é perreo. Existen outros formatos e estilos de música moi bos cos cales o podes pasar de medo. Lembremos a movida madrileña. As grandes bandas nadas en España que tanto aportaron á cultura a nivel mundial. Todas elas non poden quedar no esquecemento.

En España hai unha cultura de festivais magnífica. Encántanos ir de festival e gozar de estilos de música propios. Pero realmente nós queríamos que ese goce pola música fora constante e non so nos festivais.

Que tal foron os comezos?

Moi ben. Dende o primeiro momento tivemos moi boa aceptación. A tradición musical de España é moi grande. Nós simplemente collemos o mellor de cada grupo e dámoslle ese formato festa que tanto nos gusta. Realmente non aportamos nada novo pero si que lle damos un toque moi persoal. Facemos tributos ás bandas españolas que tanto aportaron e aportan á cultural musical do país.

Que me dis de Galicia?

Pois que che vou decir, que estamos encantados. Os galegos son uns grandísimos anfitrións e iso gústalles. A primeira vez que viñemos foi por casualidade, atopáronnos por redes sociais e propuxéronnos vir e por suposto, aquí estamos. E xa van 3 visitas no que vai de ano e esperemos que sexan moitas máis porque o trato que nos dades aquí e magnífico. E aínda que non se crea, un dos nosos referentes e Iván Ferreiro, galego de pura cepa. Sempre tivemos vínculo ca comunidade que tanto valora a música en directo e que como nós dicimos, estades na liga NBA da música. En menos de 12 horas cruzamos dende Benidorm a Monforte de Lemos, iso é sinal de que realmente estamos moi cómodos aquí.

Se ben é certo que gran parte das nosas actuacións son en Valencia, Murcia, Salamanca, Alicante e Castela a Mancha por proximidade xeográfica, nós cruzamos a pel de touro para vir actuar onde os galegos as veces que faga falta.

 

ÚLTIMAS

Cousas Xacobeas: O Camiño en Ortoá, Barreiros e Nabás (III)

(Este artigo dá continuidade a Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)) Froito...

O PP destaca “os 6 millóns de euros que a Xunta investiu no Hospital de Monforte” nos últimos dous anos

Segundo as populares estas melloras evidencian "o compromiso do Goberno galego coa veciñanza do...

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria Guerrero García coa Ribeira Sacra de fondo

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria...

Esperta Monforte reclama facer un estudo das rutas de sendeirismo do municipio e acondicionalas

Segundo Esperta Monforte a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra...