HomeCulturaMonforte incentiva a curiosidade dos escolares pola herdanza sefardí

Monforte incentiva a curiosidade dos escolares pola herdanza sefardí

O Concello de Monforte convoca o Programa educativo Benjamín de Sefarad e o IV Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Un ano máis, o Concello de Monforte de Lemos, municipio que pertence á Rede de Xudarías de España, pon en marcha o programa educativo Benjamín de Sefarad, co obxectivo de estimular a curiosidade dos máis novos sobre a herdanza xudía das 22 cidades que forman a Rede.

Nesta edición, o protagonismo recaerá no patrimonio inmaterial, clave para a transmisión e conservación da esencia da cultura sefardí, e no que a música sefardí ten un papel fundamental.

A Rede de Xudarías subministrará aos colexios que desexen participar na iniciativa unha colección de materiais lectivos gratuítos, como un concerto didáctico virtual sobre música sefardí a cargo da cantante de música antiga, medieval e sefardí Mara Aranda, e o especialista en instrumentos da tradición medieval española  Jota Martínez, e un libreto, que recolle ligazóns e letras das cancións interpretadas na clase.

Todos aqueles colexios interesados en recibir os contidos desta campaña ou máis información sobre este programa e como poden levalo a cabo no seu centro educativo, poden poñerse en contacto a través da conta de correo electrónico comunicacion@redjuderias.org.

IV edición do Concurso de Microrrelatos

Ademais, e por cuarto ano consecutivo, dende o Concello tamén se convoca o IV Concurso de Microrrelatos da Rede de Xudarías de España, no que poderá participar calquera alumno de primeiro ou segundo da ESO.

O obxecto do concurso é dar a coñecer a actividade divulgativa da Rede de Xuderías de España en torno á cultura xudía no ámbito educativo, así como espertar a afección pola escritura, a imaxinación dos alumnos e a súa capacidade para describir as súas experiencias e contorna.

A temática da presente edición é a música sefardí. Valorarase que o microrrelato estea inspirado ou relacionado coa identidade, historia e cultura sefardí.

Os textos deberán ser inéditos e estar escritos en castelán, catalán, éuscaro ou galego. A extensión máxima será de 350 palabras (sen contar o título), e os relatos deberán mandarse de maneira individual, en formato .doc, ó correo electrónico concurso@redjuderias.org. Para envialos o prazo límite será ata o 10 de xuño de 2022.

O xurado seleccionará polo menos as 30 mellores obras que serán publicadas nun libro que editará Rede de Xuderías. A entrega do premio terá lugar nun acto público que organizarán os Concellos de onde procedan os premiados.

Existirán ademais tres premios valorados economicamente con 1.000 euros, 750 euros e 500 euros para o primeiro, segundo e terceiro relatos respectivamente que poderán usar para a realización dunha viaxe polas cidades integradas na Rede.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...