HomeSucesosCondenado a dous anos e medio de prisión por delito contra a...

Condenado a dous anos e medio de prisión por delito contra a Seguridade Social nunha empresa de Sarria

Segundo o tribunal, a compañía contraeu unha débeda de 134.353 euros entre os anos 2014 e 2018 ao non "pagar as cotas a que viña obrigada por Seguridade Social, patronal e obreira", algo do que acusa o condenado, que actuou "de forma consciente e coa intención deliberada de defraudar á Seguridade Social".

Publicado o

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou ao administrador dunha empresa de construcións de Sarria a dous anos e medio de prisión por un delito contra a Seguridade Social.

Segundo o tribunal, a compañía contraeu unha débeda de 134.353 euros entre os anos 2014 e 2018 ao non “pagar as cotas a que viña obrigada por Seguridade Social, patronal e obreira”, algo do que acusa o condenado, que actuou “de forma consciente e coa intención deliberada de defraudar á Seguridade Social”.

Ademais da pena de prisión, os maxistrados tamén lle impoñen unha multa de 268.707 euros e deberá indemnizar á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Por outra banda, o tribunal absolve á outra administradora da empresa ao considerar que “non realizou actos típicos nin tampouco de participación no feito alleo. Só tivo participacións da entidade mercantil”. Contra a sentenza cabe presentar recurso.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...