HomeEconomíaAs iniciativas empresariais galegas teñen premio en Monforte

As iniciativas empresariais galegas teñen premio en Monforte

Publicado o

- Advertisement -

Por quinto ano consecutivo celébrase na cidade do Cabe o Concurso de Proxectos Empresariais “a semente” de Monforte.

Esta iniciativa naceu a través dunha asociación no ano 2014 tras caer na cidade o premio da lotería de Reis. Algúns dos premiados ca choiva de cartos, decidiron mostrar o seu lado máis solidario e facer, de modo obxetivo, ca sorte que tiveron eles o 5 de xaneiro de fai cinco anos, revertera entre os veciños.

Deste xeito, dende a asociación preténdese promover a solidariedade e “sementar iniciativas” que dean pulo ao desenvolvemento económico da localidade tendo preferencia as que formulen o seu desenvolvemento en Monforte e as que teñan como obxectivo a posta en auxe do rural na Ribeira Sacra. Entre os organismos que colaboran neste proxecto destacan o IGAPE, as 3 universidades galegas, o Concello de Monforte de Lemos e algunhas empresas xa consolidadas de comarca.

O plazo de inscrición nesta nova edición deberá de facerse na dirección wwww.asemente.org ata o vindeiro día 30 de novembro. De todos os proxectos presentados, o 19 de decembro daranse a coñecer os 10 finalistas e finalmente, o 16 de marzo, nomearanse os 3 proxectos gañadores. O primeiro premiado recibirá 8000€, o segundo 5000 e o terceiro 3000€.

 

 

ÚLTIMAS

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...

Reactivadas as comunicacións para queimas agrícolas e restos forestais

Como vén sendo habitual, no portal da internet destinado a comunicar as queimas de...

“O encontro de Sober” analiza durante dous días a relación rural-industria

No encontro destacábase que o 95% do territorio galego é rural, unha singularidade a...