HomeCulturaÚltimo día para votar no concurso fotográfico de Nadal de Segredos...

Último día para votar no concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón

Desde o 1 de xaneiro ata este día 6 está aberto o prazo para que o público vote.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación cultural Segredos de Pantón ten en marcha a quinta edición do concurso fotográfico de Nadal. As fotografías participantes pódense ver e votar nesta ligazón.

As fotos participantes debían reflexar paisaxes outonais e invernais ambientadas en calquera lugar do municipio de Pantón, os participantes só podían enviar unha imaxe en cor de temática libre que non fora premiada en concursos anteriores e que non pasara por un proceso de edición fotográfica.

O 1º premio é unha cesta con estancia e experiencia agroturística en Fogar do Pumar, un paseo en zodiac para 2 persoas de Turismo Pantón e diversos produtos do concello. O 2º premio é cesta cunha noite para dúas persoas con almorzo na Rectoral de Castillón, un bote de marmelada e unha salsa picante de Tutta Fruta e outros produtos e servizos do concello e de 3º premio é cesta cunha estancia para dúas persoas no Ecolagar O Barqueiro e produtos e servizos do municipio.

Concurso Fotográfico 2023 SdP

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...