HomeMovementos sociaisA historia dunha doenza perigosa, silenciosa e descoñecida

A historia dunha doenza perigosa, silenciosa e descoñecida

A donación de óvulos e a información son claves para axudar a pacientes da endometriose

Publicado o

- Advertisement -

Esta reportaxe podería comezar a modo de biografía como presentación. “Chámome Marta Gallo, teño 34 anos e padezo endometriose en Grado IV”.

Cando se fala de cancro ou outra enfermidade, polo xeral, a xente sabemos o que é. Non obstante, coa endometriose non pasa o mesmo. De ahí que sexa alcumada como a “enfermidade silenciosa” a pesares de sufrila 200 millóns de persoas en todo o mundo.

A Marta Gallo todo esto comezoulle con 21 anos. “Estaba no meu piso de estudiante cunha dor moi intensa, tanto, que perdín o coñecemento. Para cando espertei, estaba na camilla dun hospital camiño dun quirófano sen saber moi ben os motivos. Tiña un quiste inmenso no ovario dereito que se rompera e que me provocara unha infección interna. Aquí comezou a miña vida ao redor da endometriose”.

Este foi o comeza de unha larga enfermidade que a día de hoxe non ten cura. Pasarán os anos e a xente seguirá a sufrir en silencio, sen saber realmente o que ten, sen saber cal é a solución, soamente sabendo que en calquera momento pódese producir un cuadro de dor aguda e terá que acudir ao hospital veciño a que llo alivien.

Marta, con 26 anos e nunha revisión rutinaria, descubriu que a endometriose ou “monstro silencio” volvera chamar a súa porta. Nese momento tivo que plantexarse moitas cousas, e entre elas, estaba a de ser nai e seguir loitanto contra unha dor inhumana ou ceder ás consecuencias do seu mal. A súa foi unha decisión valente pois, logo dun ano de probas médicas e busca dun fillo que non daba chegado de forma natural, foi derivada á especialidade de Reproducción Humana na Coruña. Tras unha fecundación in vitro  (FIV) sen resultados e cun só ovario, cando estaba esperando para a segunda FIV, tivo que voltar entrar nun quirófano onde lle foi extirpado o ovario que lle quedaba. Nese momento, as súas esperanzas de ser nai biolóxica desvanecéronse, e o medo e a escuridade volveron ser os protagonistas da súa vida. A súa única solución era un donante de óvulos que actualmente aínda non chegou pois fai preto de 7 anos que ninguén dona óvulos na Seguridade Social.

Tras varias cirurxías e chegados ao punto de ter unha dieta estricta debido ao que o seu estómago e intestino son moi delicados e a imposibilidade de ser nai de forma natural, a monfortina Marta Gallo creou unha petición na plataforma vhange.org #Viva#Valiente#Victoriosa. Este proxecto leva recollidas preto de 99.000 firmas e para dar visibilidade a endometriose, demandar a necesidade da creación de Unidades Multidisciplinares nos hospitais galegos, dar a coñecer a importancia de ser donante de óvulos e conseguir fondos para a súa investigación.

Se con 21 anos a Marta lle explicaran a súa enfermidade e obtido máis informacion “hoxe non estaría na mesma situación. Conxelaría os meus óvulos para poder ser nai no momento  no que deixara de producilos e dende un primeiro momento someteríame a un tratamento de hormonas para atrasar e mellorar un pouco os meus síntomas”.

situación política da enfermidade

O BNG levou á comisión de Sanidade do Parlamento Galego unha inicitiva-respaldada por unanimidade- para que a Xunta cumplise co seu acordo plenario adoptado o 22 de abril do 2015 para a posta en marcha dun plan de detección precoz da endometriose, a creación dun grupo de traballo multidisciplinar e fomentar o coñecemento da doenza.

A finais de 2016, diputados do Grupo Parlamentario de Ciudadanos presentou un escrito á mesa do Congreso dos Diputados onde se solicitaba ao Goberno información sobre as medidas levadas a cabo en relación á Proposicion de Lei aprobada en maio de 2015 sobre a investigación e a abordaxe do diagnóstico e terapéutico de endometriose. Logo dun ano da súa aprobación, os pacientes aínda están esperando que se cumpla o acordado hai 3 anos.

Este ano, en febreiro, o PP votou en contra de ratificar a moción de 2015 pola que se instaba ao Sergas á creación de unidades especializadas desta enfermidade nos hospitais.

“viva, valiente, victoriosa”

Dende que o PP rexeitara tal ratificación, Marta Gallo decidiu emprender unha campaña e visibilización da enfermidade (#viva#valiente#victoriosa)a través de carteis, camisetas, colaboración de rostos coñecidos do panorama actual galego e nacional como son Carlota Corredera e Rubén Riós entre outros, e mudar os escaparates dos locais comerciais á cor amarela, a cor da endometriose.

Cartel campaña visibilización/XdL

O 21 de marzo conseguiu que 167 locais comeciais de Monforte foran amarelos mostrando así o seu apoio e solidaridade a mulleres que coma ela, sofren unha enfermidade que, actualmente, non ten cura.  E o 18 de maio, 70 comercios de Chantada, apoiaron a súa mesma causa.

Unión, sacrificio e traballo constante para que “os de arriba” se dean de conta de que “os de abaixo” teñen voz.

 

ÚLTIMAS

Deputación e Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra renovan a súa colaboración

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o máximo responsable do...

Teatro familiar este 3 de xaneiro na casa da cultura de Monforte de Lemos

O Cachopo Máxico é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes...

Sesión de contos da man da Mesa Pola Normalización Lingüística en Sober

Contactamos con vós dende A MESA Lemos para informarvos dunha actividade que organizamos e que terá...

Cousas Xacobeas, o Camiño en Ortoá: Santa Marta (II)

No século XVI foi cabeza de xurisdición, señoreada polos Riba de Neira, que alí tiveron mordomos...