HomeEconomíaFinalistas da X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Finalistas da X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

A presidenta da Asociación Semente Monforte, Pilar López, destaca a ampla participación nesta décima edición e a calidade das ideas presentadas, “Estamos moi satisfeitos coa calidade e cantidade de ideas presentadas nesta edición de décimo aniversario. Agradecer a todas as persoas implicadas no concurso, participantes, empresas colaboradoras, institucións e organismos públicos, que fan posible que cada ano axudemos a impulsar proxectos. Nesta ocasión repartimos 20.000€, 10.000€ para o primeiro clasificado, 6.0000€ para o segundo e 4.000€ para o terceiro”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A esta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra presentáronse 85 ideas; a maioría das ideas corresponden a xente de Galicia e do territorio Ribeira Sacra, chegando tamén propostas de León, Sevilla, Madrid, Barcelona, Las Palmas e do norte de Portugal.

Este 19 de xullo o xurado reuníase para seleccionar as 10 ideas que agora deberán presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro. As ideas seleccionadas polo xurado do X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra son:

  • ALGASLIME: microalgas vivas solidificadas que optimizan a rega e a fertilización, beneficiando tanto aos agricultores como ao medio ambiente. AlgaSlime é un produto innovador deseñado para mellorar a eficiencia do uso da auga e os nutrientes nos cultivos. Grazas ás microalgas, retense auga no chan e libéranse nutrientes lentamente, mellorando a estrutura e a saúde do chan.
  • ENZICAS, ACELERADORA DE QUESOS Y EMBUTIDOS CON CASTAÑAS: ENZICAS BIO SL, empresa cualificada como Startup por ENISA e fundada en 2022, expón o desenvolvemento dun ingrediente alimentario de orixe natural para empregar na maduración de queixos e embutidos. O ingrediente está baseado nun fungo filamentoso desenvolvido a base de castañas.
  • FICAR AQUÍ, PORTAL DE EMPREGO: Creación dun sitio web que recolla a oferta de emprego, que atenda as necesidades do tecido empresarial das empresas do rural galego, e poña en valor os seus recursos, chamando a atención sobre as necesidades existentes e favorecer o emprendemento. O obxectivo é conectar aos diferentes protagonistas no panorama da xeración de emprego e oportunidades de empregabilidade (Administracións, empresas e profesionais) e concentrar toda a información sobre oferta e demanda nun único portal web.
  • FUNGUSVID: Proponse a introdución de micorrizas arbusculares na plantación de vides. As micorrizas son fungos que establecen unha relación simbiótica coas raíces das plantas, mellorando a absorción de nutrientes e a saúde do solo sen necesidade de fertilizantes químicos. Melloran tamén a resistencia das plantas ao estrés abiótico, como a seca e as enfermidades.
  • GEMMA & NAZA CHEESECAKES: Produciónartesanal de tortas de queixo desde o compromiso coa calidade, a sustentabilidade e o apoio á economía local. Utilízanse produtos locais e galegos de alta calidade para elaborar as tortas, garantindo frescura e autenticidade en cada bocado. Resalta os sabores tradicionais de Galicia e apoia aos agricultores e provedores da rexión,
  • PIEL NATURA: Cosmética sólida ecolóxica e aromaterapia galega para o benestar. Liña de cosmética galega con extracto de castiñeiro. Innovación e creación de novas liñas de produtos, programas de formación e experiencias turísticas na Ribeira Sacra.  
  • RESPIRO SOSTIBLE: Produción de produtos de papel ecolóxicos utilizando residuos de céspede e herba como materia prima principal. Fabricación de papel hixiénico, recambios de borradores de lousa e papel de cociña, todo iso mediante un modelo de economía circular que reduce os impactos ambientais adversos asociados á produción de papel convencional.
  • TECNOALGAE, REVALORIZACIÓN AUGAS RESIDUAIS CON MICROALGAS: Revalorizacion e aproveitamento das augas residuais mediante o cultivo industrial de microalgas.
    Coa implementación de raceways (depósitos para cultivo de microalgas) optimizados, aprovéitanse as augas residuais de granxas e cooperativas e transfórmase nun eficiente bioestimulante agrícola.
  • VANETTA FOOD: Startup do sector Foodtech que nace en 2023 co obxectivo de contribuír a crear unha alimentación sostible, vexetal e cunha elevada achega protéico. Primeira fábrica de carne plant based en Galicia para ofrecer produtos que non existen no mercado, cunha orientación á canle B2B2C. Alternativa esperada na restauración actual, pratos iguais que as súas outras alternativas cárnicas.
  • VIÑALERT: Desenvolvemento e implementación dun sistema de monitorización continua das constantes vitais das vides, enfocado especialmente na análise dos nutrientes do solo e da planta. Datos en tempo real sobre os niveis de nutrientes, temperatura, humidade, pH e outras variables esenciais, sendo a máis innovadora de elas o análese da savia das vides, permitindo así a detección prematura de enfermidades e control exhaustivo en tempo real dos nutrientes.

A presidenta da Asociación Semente Monforte, Pilar López, destaca a ampla participación nesta décima edición e a calidade das ideas presentadas, “Estamos moi satisfeitos coa calidade e cantidade de ideas presentadas nesta edición de décimo aniversario. A selección das 10 ideas finalistas non foi doada. Os 10 finalistas terán que desenvolver agora o seu proxecto para presentalo o 26 de outubro no Parador de Turismo de Monforte diante do xurado”.                          

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2024, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará ós finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 26 de outubro, nesa xornada presentaranse no Parador de Turismo de Monforte, os proxectos e pola noite celebrarase a Gala de Entrega de Premios.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...