HomesociedadeXornada de igualdade, conciliación e corresponsabilidade en Chantada

Xornada de igualdade, conciliación e corresponsabilidade en Chantada

Esta semana desenvolveuse en Chantada a xornada “Moito que facer”, unha actividade promovida pola Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS), que instalou un punto de atención na Praza do Mercado

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na carpa do punto de información dábase conta de recursos relacionados coa conciliación, a corresponsabilidade e os coidados con perspectiva de xénero. Dábase asesoramento en cuestións específicas para situacións de monoparentalidade, a solicitude do certificado de familia monoparental, redes de apoio, información sobre axudas, dereitos, lexislación, etc.

Ademais desde as 18:00h na Casa da Cultura contouse unha charla formativa e un faladoiro, onde se afondou nos datos que amosan o impacto que teñen nas vidas das mulleres as desigualdades que existen respecto ás tarefas do fogar e da crianza. Conversouse sobre o papel que xoga o tipo de estrutura familiar na conciliación, e as consecuencias persoais, familiares e laborais que ten a imposibilidade de conciliar axeitadamente na saúde e no benestar de todos os membros da familia. Contouse tamén cun xogo para os nenos e nenassobre a corresponsabilidade no fogar.

“Axudar ás familias para o coidado de nenas e nenos é unha prioridade para este Concello. A baixa natalidade está relacionada en parte coas dificultades de conciliación e neste sentido no Concello de Chantada facemos o posible por atender este tipo de demandas, contando con diferentes alternativas que axudan a conciliar como o programa madrugadores, os campamentos de períodos vacacionais, etc.”,explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Xornada “Moito que facer” Chantada / Concello de Chantada

Este tipo de xornadas forma parte do proxecto “Currunchiños de Conciliación” do Plan Corresponsables e está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade, e organizada en colaboración do Concello de Chantada. Para a xente que non puido participar da charla informativa farase unha charla online o vindeiro 25 de setembro ás 19:00h, a través da web de FAGAMOS.

O obxectivo é sensibilizar á poboación na importancia de que a igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade se entendan tendo en conta a diversidade familiar da nosa sociedade. Co fío conductor, Moito que facer abórdase unha dobre interpretación: por unha banda os moitos “quefaceres” diarios que deben atender as persoas que coidan e por outra, o moito que queda por facer á sociedade para que exista unha verdadeira corresponsabilidade no eido dos coidados.

ÚLTIMAS

Bóveda acolle unha charla sobre o cultivo de oliveiras

Á vista do aumento do cultivo de oliveiras na zona da Pobra do Brollón,...

A Ribeira Sacra entre os destinos do ‘Coñece a túa provincia’ desta semana

Seis colectivos participan entre o martes e este venres 23 de maio nas diferentes...

‘XanelaFest’, o concurso para concellos no que se pode gañar a actuación dunha orquestra para as festas

O pasado día 20 de maio presentouse na sede de Xanela en Chantada o...

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...