HomeCulturaO gaiteiro Óscar Ibáñez ofrece en Quiroga o seu espectáculo 'Tribal XX'

O gaiteiro Óscar Ibáñez ofrece en Quiroga o seu espectáculo ‘Tribal XX’

Será este domingo 19 de xaneiro ás 18:00 h. no Auditorio Municipal de Quiroga e está organizado con motivo do 20 aniversario da traxectoria artística coa súa banda de directo Tribo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Auditorio Municipal de Quiroga acolle este domingo un concerto do gaiteiro e flautista, Óscar Ibáñez, músico que estivo hai uns días xa na vila para presentar, xunto co alcalde, José Luis Rivera, o espectáculo Tribal XX, organizado con motivo do 20 aniversario de traxectoria artística coa súa banda de directo Tribo. A formación, composta por seis músicos, levará ao escenario os seus temas máis senlleiros.

Óscar Ibáñez é un artista multidisciplinar. Nel conflúen a faceta artística, como músico de gaita e flauta; a de docente, impartindo música tradicional en escolas e centros galegos de Galicia, Latino América, EE.UU e Europa; e súa faceta como investigador, que o levou a facer varias publicacións sobre o grupo Os Montes de Lugo, sobre o gaiteiro de Verín José Pousada, ou sobre Xoán Tilve de Campañó.

Nunha entrevista á Radio TV Municipal de Quiroga, Óscar Ibáñez falou sobre o recibimento que ten a súa música fóra do noso país, onde “resulta moi éxótica e moi chamativa, e gusta moitísimo”. E falando do momento actual, dixo que “a música tradicional vai estar viva mentres sigan vindo novas xeracións a darlle continuidade”. “Está viva, está na xente, está no entorno e está no mundo artístico”, insistiu ao tempo que lembrou o importante recoñecemento que significa que as Letras Galegas deste 2025 estean dedicadas ás cantareiras.

O músico natural de Poio (Pontevedra) falou tamén do cambio que está acontecendo na música, na que segundo el se está “pasando dun son orgánico 100% en directo a un son con máis programación e cunha base máis electrónica, aínda que estas novas propostas contribúen a enriquecer a música, destaca a música ao vivo que se realiza en directo no escenario”. “Nós posicionámonos en música orgánica, non tan sintética, onde todo o que tocamos está sucedendo en vivo no escenario”, engadiu.

O concerto, con entrada de balde, comeza ás seis da tarde e está organizado polo Concello de Quiroga contando co patrocinio da Xunta de Galicia.

ÚLTIMAS

O Polígono Agroforestal de Sabadelle poñerá en valor case 39 hectáreas de terreo en Chantada

A conselleira, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez,...

Galegoza no IES de Quiroga

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións...