HomeCultura"Deterioro cognitivo", tema do Faladoiro deste 29 de outubro en Quiroga

“Deterioro cognitivo”, tema do Faladoiro deste 29 de outubro en Quiroga

A Biblioteca do Centro Social de Quiroga acollerá o mércores, 29 de outubro, desde as 18:00h o Faladoiro co tema "Deterioro cognitivo". A actividade faise en colaboración con Amafon.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A convidada deste Faladoiro será a psicóloga, María Lillo, acompañadas do concelleiro de Servizos Sociais de Quiroga, Xosé Manuel Fdez. María Lillo é monfortina de nacemento e afincada na Pobra do Brollón. Estudou Psicoloxía en Santiago de Compostela e comezou a traballar con persoas maiores. Continuou a súa formación en Terapia Familiar e de Parella no País Vasco, Xeriatría e Xerontoloxía na Universidade da Coruña e finalmente Neuropsicoloxía en Cataluña.

É coñecida no Xeoparque Montañas do Courel pola súa impartición de obradoiros de memoria a través de Afamon, entidade na que traballa dende 2004.

Na cita coñecerase o que se considera deterioro cognitivo e como se manifesta a sintomatoloxía para poder valorar se este é leve ou significativo. Ofrecerase información tamén de como previlo ou frealo e as repercusións persoais e familiares en casos de diagnósticos con afectamentos graves (demencias).

E insistirase na importancia dos talleres que se organizan no concello para manter en forma as habilidades cognitivas dos maiores e para a detención precoz de demencias. Os obradadoiros de memoria destínanse a persoas maiores de 50 anos, celébranse con periodicidade semanal e durante nove meses ao ano no Centro Social. Ofrécese tamén un programa de estimulación cognitiva para persoas con alzhéimer e outras demencias –tres días á semana no Centro de Día–; e organízanse desde o 2024 xornadas formativas para profesionais do coidado de maiores. Estas actividades fanse con profesionais de Afamon (Asociación de Familiares de Enfermos de Alhéimer de Monforte). 

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...