HomeSen categorizarO Incio celebra a 'Festa dos avós e da familia'

O Incio celebra a ‘Festa dos avós e da familia’

Será o sábado día 20 de abril no Polideportivo do Colexio da vila a partir das 13:30 h.

Publicado o

- Advertisement -

Esta celebración, que este ano chega ás súa XXIX edición, pretende homenaxear aos maiores e ás familias do Concello do Incio.

Aínda que os protagonistas sexan os avós e as avoas, a intención é facer desta festa un encontro interxeracional no que se lembre o valor da unión familiar e o respecto polos maiores.

En canto ao programa, o festexo comezará ás 13:30 h. cun recibimento musical a cargo do coñecido solista “Paco da Ferrería”. A continuación, ao redor das 14:00 h., terá lugar o xantar de confraternidade que se alongará ata as 16:00, momento no que está previsto realizar o sorteo de agasallos. Neste intre tamén se fará un recoñecemento público aos veciños/as máis veteranos/as do concello.

Ás 16:30 h. volverá “Paco da Ferrería” para amenizar, neste caso, o baile de fin de festa.

Para os máis pequenos haberá animación e xogos pola tarde.

ÚLTIMAS

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...