Homesociedade345.037 lucenses están chamados este domingo a votar

345.037 lucenses están chamados este domingo a votar

2780.291 residen na provincia e 66.746 son residentes no exterior. A provincia elixe 4 deputados e 4 senadores nas novas Cortes xerais.

Publicado o

- Advertisement -

Máis de 4.000 persoas mobilízanse na provincia no dispositivo para as eleccións xerais deste domingo, segundo informa a subdelegación do Goberno. Constituíronse 541 mesas electorais e imprimíronse 3.000.000 de papeletas das 12 candidaturas proclamadas para o Congreso dos Deputados e 250.000 papeletas cos candidatos das 12 listas presentadas para o Senado.

Forman as mesas electorais 1.623 cidadáns. Para asegurar o normal desenvolvemento das votacións na provincia, cóntase cun dispositivo formado por 960 funcionarios das forzas de seguridade. 417 representantes da Administración encargaranse de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos dos recontos de votos tanto para o Congreso como para o Senado.

As mesas electorais levan abertas desde as 9.00 e manteranse abertas ininterrumpidamente ata as 20.00, cando se pecharán as urnas e comezará o reconto dos votos emitidos.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...