HomesociedadeIII Ruta Solidaria Chantada contra o cancro

III Ruta Solidaria Chantada contra o cancro

A andaina terá lugar o 9 de xuño e as inscricións pódense facer ata o 6 de xuño ás 23.59 h.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Chantada contra o cancro organiza a III andaina solidaria que terá lugar o domingo, 9 de xuño, a partir das 9.30 desde a adega Condado de Sequeiras. Plantéxanse dúas propostas, o percorrido curto de 5 quilómetros e dificultade baixa ou o longo de 11 quilómetros de percorrido e dificultade media-alta.

A entrega de camisetas será o sábado, 8 de xuño, en horario de 18.00 a 20.00 e o domingo da ruta en horario de 8.00 a 9.00 na entrada do Auditorio Municipal. A saída do autobuses será ás 9.00 da Praza de Galicia de Chantada.

Dende a asociación desenvolven  actividades para axudar a enfermos e familiares de cancro no sur da provincia de Lugo. Apostan pola atención psicolóxica, cursos para deixar de fumar, conferencias con oncólogas/os, médicas/os de familia, enfermeiras/os, psicólogas/os, nutricionistas… e a alimentación e as actividades saudables. Nesta liña está a ruta solidaria que se organiza xunto co atleta Fernando Ibarra e á adega ‘Condado de Sequeiras’.

Fernando Ibarra / Asociación Chantada contra o Cancro

As inscricións pódense facer no local da asociación, os martes e xoves de 18.00 a 19.00 e os venres de 17.00 a 18.00, ademais da web https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1820/iii-ruta-solidaria-chantada-contra-o-cancro

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...