HomesociedadePrograma Erasmus para a Escola de Hostalería de Rosende

Programa Erasmus para a Escola de Hostalería de Rosende

O alumnado e os docentes da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober) beneficiaranse no curso escolar 2019-2020 do Programa Erasmus+

Publicado o

- Advertisement -

Dada a afluencia cada vez maior de visitantes estranxeiros na zona da Ribeira Sacra, a Fundación Belarmino Fernández Iglesias considera que o alumnado do Centro debe mellorar as súas competencias, non só en idiomas, senón tamén deixarse influír culinariamente por outras culturas. Por iso o Centro solicitou para os vindeiros dous cursos académicos o Programa Erasmus+, que se lle vén de conceder.

Para poder solicitar este Programa Erasmus+, a Escola entrou en contacto con empresas italianas e cun centro de formación profesional ubicado na cidade de Salo en Finlandia. Este xoves visitaron a Escola representantes do centro finlandés. O ‘Salon seudun koulutuskuntayhtymä’ conta nas súas aulas con máis de tres mil alumnos e alumnas. No Centro impártense ensinanzas de restaurante e catering, turismo, informática, comercio, etc.

Ademais da Escola de Hostalería, os visitantes tiveron a oportunidade de coñecer outros recursos do concello de Sober, como a olería de Gundivós e os restaurantes de ex-alumnos da Escola de Hostalería nos que o alumnado finlandés podería facer os seus módulos de prácticas.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...