HomesociedadeAs Festas Patronais de Monforte xa teñen cartel

As Festas Patronais de Monforte xa teñen cartel

O Concello de Monforte fixo público o cartel gañador das festas de verán monfortinas que terán lugar do 11 ao 16 de agosto.

Publicado o

- Advertisement -

A autora da obra gañadora deste ano foi Sonia Álvarez Carnero, veciña de Anllo-Santo Estevo, Sober, e a obra titúlase “Xanela Panorámica”. O xurado considerou que o cartel realizado por esta soberina, segundo palabras do Alcalde José Tomé, “é un deseño moderno que recolle simbolicamente elementos identificativos de Monforte e das nosas festas, como se pode ver na súa parte superior. Xoga ademais co fondo negro para resaltar 4 cores: o verde dos nosos xardíns, o azul do noso río Cabe, o vermello dos fogos artificiais e o amarelo do sol que nos ilumina durante o verán, época en que se celebran as nosas Festas Patronais”.

Cartel gañador 2019

Este ano presentáronse ao concurso un total de 33 traballos artísticos, 12 máis que o ano pasado. A maioría deles foron elaborados por veciñas e veciños de Monforte, en concreto chegaron 18 de creadores locais, e o resto son obras chegadas de diferentes lugares; de Galicia chegaron 11 traballos, un deles o gañador de Sober, e de fóra da nosa comunidade un total de 4.

O premio para a gañadora é de 1.000 euros e o xurado estivo conformado por unha representación de diferentes empresas creativas da cidade do Cabe.

Todos os carteis recibidos a concurso estarán expostos durante o mes de agosto na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte. Rematada a exposición, os autores non premiados poderán recuperar os seus traballos.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...