HomesociedadeAlbores sensibiliza á mocidade sobre a saúde mental

Albores sensibiliza á mocidade sobre a saúde mental

Albores desenvolve este venres unha xornada sobre saúde mental no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro para alumnos de 1º a 4º da ESO.

Publicado o

Este venres 31 de maio, de 9:45 a 11:25 horas, a asociación Albores achegarase ao CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro. Unha das psicólogas da asociación explicará nocións básicas de saúde mental ao alumnado de 1º a 4º da ESO, para axudarlles a previr trastornos mentais, así como a detectar os síntomas máis habituais e saber a onde deben de acudir en caso de atoparse nestas situacións.
Albores Saúde Mental é a asociación de referencia da zona sur de Lugo na promoción da saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como na mellora da súa calidade de vida, a das súas familias e a da comunidade. Para achegarse a estes obxectivos, a Asociación realiza actividades de prevención, tratamento e rehabilitación no eido da saúde mental.
Este ano, aproveitando que o pasado Día Mundial da Saúde Mental, foi adicado á xente nova, Albores concentra a campaña de sensibilización na mocidade, impartindo charlas e levando a II Exposicion Fotoxénica-Mente polos colexios e IES da zona. Ata fin de curso a exposición permanecerá no Colexio Ferroviario de Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...