A recollida de plásticos agrícolas farase o luns, 3 de xuño, coincidindo coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes do ensilado de herba. A recollida farase desde primeira hora da mañá e ó longo de toda a xornada, en: Marcelle (campo da festa); Gullade, As Nocedas e A Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil); Vilamarín (campo da festa); Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa); Bascós, Chavaga e Sindrán (local social de Bascós); Reigada e Fontes de Reigada (Praza Mourelo); Piñeira (no Listo); A Parte e Valverde (campo da festa de Proveiros); Chao do Fabeiro (campo da festa); Moreda, San Xoan, San Xulián e Seoane (local social de San Xoan de Tor); Fiolleda (estrada a Currelos); Baamorto (campo de fútbol)
O plástico deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, os días previos ó da recollida (sábado 1 e domingo 2 de xuño), nos lugares previamente sinalados. O servizo non ten ningún custe para os labregos e contribuirá á conservación do medio ambiente. Lémbrase desde o concello que para eliminar estes residuos agrícolas tamén se conta co Punto Limpo do Concello en calquera data do ano.
Por outra banda, este venres, 31 de maio, permanecerá pechada a oficina de atención ó cliente de Aqualia,concesionaria Municipal do Servizo de Abastecemento e Saneamento de Augas do Concello de Monforte, por mor da festividade da Patrona da Auga, Nosa Señora da Luz, festividade que ten lugar o 1 de xuño. Para avarías funciona todos os sías do ano o teléfono 900 813 047.