HomesociedadeAdegueiros e Concello preparan xa a próxima edición do Festival do Viño

Adegueiros e Concello preparan xa a próxima edición do Festival do Viño

O alcalde de Monforte reuniuse cun grupo de adegueiros para analizar os aspectos organizativos deste evento.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado martes día 4 tivo lugar unha reunión entre José Tomé, alcalde de Monforte, e un grupo de adegueiros co obxectivo de fixar as liñas xerais dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Este evento terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo no Paseo do Malecón, e tentará acadar o éxito que xa colleitou nas súas dúas edicións anteriores.

Á reunión asistiron 14 adegas das 20 que xa están inscritas no festival, así como a empresa encargada da produción e desenvolvemento do evento. Os adegueiros coñeceron de primeira man toda a información sobre a organización do Festival do Viño, como os borradores do cartel e as estratexias de promoción previstas. Estes tamén puxeron sobre a mesa propostas de mellora cara ó futuro.

Segundo fontes do Concello de Monforte, a reunión discorreu “en total sintonía”, xa que todas as partes comparten un mesmo obxectivo: promocionar o viño da Ribeira Sacra e o entorno de Monforte. Durante os próximos días darase a coñecer o cartel anunciador do festival, o seu programa e o custe total do evento.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...